Miña Terra foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1914 e 1915.

Historia e características Subtitulado Semanario ilustrado, apareceu o 8 de novembro de 1914. Imprimíase no establecemento de La Comercial. Estaba dirixido por Enrique Guerra até marzo de 1915.El Correo de Galicia, 9-3-1915, 2. Entre os seus redactores figuraba Victoriano Taibo. O deseño da cabeceira era de Castelao. Cun carácter republicano rexionalista, trataba os problemas da Universidade. Escrita en castelán, publicaba en galego unha "Folla Enxebre" na que apareceron poemas de Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e Bernardo Barreiro e contos de Leandro Carré Alvarellos e Juan Barcia Caballero. O último exemplar que se conserva é o número 16, publicado o 7 de marzo de 1915.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1914 en Galicia