As tartarugas xigantes son réptiles quelonios testudínidos de gran tamaño que actualmente se encontran en dous grupos de illas tropicais: o atol de Aldabra nas Seychelles (Índico) e as illas Galápagos no Pacífico fronte a Ecuador (as especies que existían nas illas Mascareñas foron exterminadas arredor de 1900). Estas tartarugas poden pesar ata 417 kg e medrar ata 1,3 m de longo. Os antepasados das tartarugas xigantes orixinalmente fixeron a viaxe ata as illas onde agora viven desde o continente; por exemplo, as tartarugas xigantes de Aldabra e das Mascareñas están emparentadas coas tartarugas de Madagascar (á súa vez de orixe africana continental) mentres que as tartarugas das Galápagos están relacionadas coas tartarugas do continente suramericano. O fenómeno de excesivo crecemento nas illas que experimentan algunhas especies coñécese como xigantismo das illas ou insular e inicialmente pensábase que estas tartarugas eran un exemplo. Ocorre cando o tamaño do animal que está illado nun arquipélago ou illa incrementa o seu tamaño drasticamente en comparación cos seus parentes continentais. Isto débese a varios factores como a relaxación das presións de predación, liberación competitiva ou a unha adaptación ao aumento das flutuacións ambientais nas illas.Pritchard P. C. H. 1996 The Galapagos tortoises: nomenclatural and survival status. Lunenburg, MA: Chelonian Research Foundation in association with Conservation International and Chelonia Institute. Porén, as tartarugas xigantes xa non se consideran un bo exemplo de xigantismo das illas, xa que o seu tamaño masivo se cre que evolucionou no continente. As tartarugas xigantes eran antes comúns nas faunas do Cenozoico de Eurasia, África e as Américas.Cione, A. L.; Tonni, E. P.; Soibelzon, L. (2003). "The Broken Zig-Zag: Late Cenozoic large mammal and tortoise extinction in South America" (PDF). Rev. Mus. Argentino Cienc. Nat., n.s. 5 (1): 1–19. ISSN 1514-5158. Archived from the original (PDF) on July 6, 2011. Retrieved 2011-02-06.
upright|miniatura|Especie tipo (YPM 3000) de Archelon ischyros do Cretáceo no Museo Peabody de Historia Natural, Universidade Yale. Estes animais pertencen a un antigo grupo de réptiles, que apareceron hai uns 250 millóns de anos. No Cretáceo superior, hai 70 ou 80 millóns de anos, algunhas xa se converteran en xigantescas. Por exemplo, Archelon do Cretáceo medía uns 4 m de longo e case 5 de largo dunha punta dunha aleta á outra. Hai 1 millón de anos as tartarugas chegaron ás illas Galápagos. A maioría das especies xigantes recentes empezaron a desaparecer hai uns 100 000 anos. Só hai 250 anos había polo menos 20 especies e subespecies en illas do océano Índico e 14 ou 15 especies nas illas Galápagos.
miniatura|Tartaruga xigante das Galápagos da illa de Santa Cruz.
Historia
Aínda que a miúdo se consideraron exemplos de xigantismo das illas, antes da chegada do Homo sapiens as tartarugas xigantes tamén vivían en localizacións non insulares, ou en illas máis accesibles. Durante o Plistoceno, e principalmente durante os últimos 50 000 anos, as tartarugas da parte continental ou grandes illas do sur de Asia (Colossochelys atlas), Norte e Suramérica, Indonesia, Madagascar (Dipsochelys), e incluso a illa de Malta acabaron por extinguirse. As tartarugas xigantes antigas de África extinguíronse algo antes, durante o Plioceno tardío. Aínda que o momento da desaparición de varias especies de tartarugas xigantes parece correlacionarse coa chegada dos humanos, as evidencias directas da implicación humana nestas extincións xeralmente non existen, pero ditas evidencias obtivéronse no caso da tartaruga xigante das Meiolaniidae emparentada distantemente Meiolania damelipi en Vanuatu. (Presentación popular dalgúns materiais do artículo de PNAS) Un relicto interesante é unha coiraza dunha tartaruga xigante extinta que se encontrou nun sumidoiro cárstico mergullado en Florida cunha lanza de madeira cravada, para a que a datación de carbono deu unha idade de 12 000 anos.http://www6.miami.edu/miami-magazine/spring01/time.html Hoxe, só unha das especies do océano Índico sobrevive na natureza, a tartaruga xigante de Aldabra (tense considerado que existen dúas ou máis poboacións en poboacións en catividade ou voltas a liberar, pero algúns estudos xenéticos puxeron en dúbida a validez de separar estas especies) e 10 especies existentes nas illas Galápagos.
Duración da vida
As tartarugas xigantes están entre os animais máis lonxevos que existen, cunha duración da vida media de 100 anos ou máis. Un exemplar de tartaruga de Madagascar Astrochelys radiata á que se lle deu o nome Tu'i Malila morreu cando tiña 188 anos en Tonga en 1965 (era propiedade da familia real de Tonga). A tartaruga Harriet (que inicialmente se pensaba que era unha das tres tartaruga das Galápagos que se trouxo a Inglaterra no barco Beagle no que viaxara Charles Darwin, pero que despois se viu que procedía dunha illa que non visitara Darwin) segundo informou o Zoo de Australia tiña 176 anos cando morreu en 2006. Ademais, en 2006, unha tartaruga xigante de Aldabra chamada Adwaita morreu nos Xardíns zoolóxicos de Alipore en Calcuta. Chegou ao zoo na década de 1870 desde a facenda de Lord Clive e pénsase que morreu aos 255 anos. Na época do seu descubrimento foron capturadas en tanta cantidade que estaban virtualmente extintas en 1900. As tartarugas xigantes están agora baixo estritas medidas de conservación e están catalogadas como especies ameazadas.
Tartaruga xigante do atol Aldabra
A tartaruga xigante de Aldabra vive no remoto atol de Aldabra das illas Seychelles do océano Índico. É a única especie de tartaruga xigante do Índico que vive hoxe, xa que outras se extinguiron pouco despois da chegada de colonos humanos; entre elas a tartaruga xigante das Seychelles que se cre agora que está extinta na natureza, aínda que as tartarugas de Aldabra e de Seychelles son tan similares xeneticamente que algúns autores pensan que son a mesma especie.
Hoxe, a tartaruga xigante de Aldabra está na lista de especies vulnerables á extinción na natureza. Porén, o atol de Aldabra está agora protexido da influencia humana ao ser declarado Patrimonio da Humanidade, e é o fogar dunhas 152 000 tartarugas xigantes de Aldabra, o que é a maior poboación do mundo desta especie. Outra poboación illada máis pequena de tartaruga xigante de Aldabra vive na illa de Zanzíbar, e hai outras poboacións en catividade en parques naturais de Mauricio e Rodrigues. Os programas de crianza en catividade nesas outras illas están tratando de recuperar esta especie, e hoxe as poboacións nelas parecen estar prosperando.
Ciclo vital
As tartarugas de Aldabra reprodúcense e poñen uns 25 ovos elásticos entre febreiro e maio. O apareamento é ruidoso, xa que os machos urran coma touros, e perseguen as femias. Durante a copulación, a cola do macho guía o seu pene na posición axeitada para fecundar a femia, e a copulación dura de 10 a 15 minutos. Os ovos son depositados nun niño seco e pouco profundo no chan, o que os fai especialmente vulnerables aos predadores. Crese que as femias poden facer máis dunha posta de ovos ao ano. As crías eclosionan dos ovos despois dun período de incubación de 8 meses. As crías tenden a eclosionar todas durante un mesmo período de dúas semanas, que coincide co inicio da estación chuviosa. Chegan á madurez sexual arredor dos 30 anos. Aínda que algúns individuos poden vivir máis de 250 anos, a súa expectativa de vida adoita estar entre 80 e 120 anos.
Distribución e hábitat miniatura|Tartaruga xigante de Aldabra refrescándose nunha poza de auga doce en Curieuse, Seychelles.
A tartaruga xigante de Aldabra ten unha coiraza abovedada que actúa como armadura protectora para o seu corpo brando e vulnerable. Teñen un pescozo moi longo que utilizan para arrincar follas das ramas altas das árbores. Os machos, aínda que non son moito maiores, pesan case 100 kg máis que as femias. Son animais de patas grosas e curtas e arredondadas, pés case planos que lles axudan a camiñar pola area.
Viven principalmente en praderías e pantanos nas illas do atol de Aldabra. Viven nestas illas con outras especies de tartarugas xigantes, pero moitas delas foron cazadas ata a extinción nos séculos XVIII e XIX. Aínda que se encontran en áreas de densa vexetación baixa e percorren rexións máis espalladas e rochosas cando hai escaseza de comida. Poden encontrarse frecuentemente descansando na sombra ou en pozas pouco profundas para refrescarse. As tartarugas de Aldabra tenden a pasar a vida pastando pero percorren distancias sorprendentes na busca de comida e están tamén a gusto en solos pouco fondos e rochosos. Poden beber en pozas pouco fondas a través dos seus orificios nasais, e o nome Dipsochelys, que tamén se lles deu, refírese a esta salientable adaptación.
Especies e subespecies
Aldabrachelys (antes Dipsochelys) †A. abrupta - de Madagascar, (extinguida) A. gigantea – a tartaruga xigante de Aldabra, con catro subespecies recoñecidas A. g. arnoldi – de Seychelles †A. g. daudinii – de Seychelles, (extinguida) A. g. gigantea – do atol de Aldabra, Seychelles A. g. hololissa – é a chamada tartaruga xigante de Seychelles †A. grandidieri – do suroeste de Madagascar, (extinguida)
Tartarugas xigantes das illas Canarias
miniatura|250px|Restauración dun exemplar de Geochelone burchardi no Museo da Natureza e o Home de Santa Cruz de Tenerife. Atopáronse restos nas illas Canarias de dúas especies extinguidas de grandes tartarugas: Geochelone burchardi e Geochelone vulcanica. Estas especies crese que se extinguiron debido a erupcións volcánicas.
As tartarugas das illas Canarias eran similares ás que hoxe se encontran nas Galápagos e Seychelles. G. burchardi tiña unha coiraza máis grande, dunha lonxitude de 65 a 94 cm, mentres que a de G. vulcanica tiña 61 cm de longo. Ambas están relacionadas con especies do Norte de África do xénero Geochelone.
Os restos datan principalmente do Mioceno. Crese que estas especies sobreviviron ata o Plistoceno superior.
Tartaruga xigante das Galápagos
O parente máis próximo da tartaruga xigante das Galápagos é a tartaruga do Chaco (Chelonoidis chilensis) de menor tamaño de Suramérica, aínda que non é o seu antepasado directo. Os científicos cren que as primeiras tartarugas chegaron ás Galápagos hai 2 ou 3 millóns de anos flotando á deriva unhas 600 millas desde a costa de Suramérica sobre balsas de vexetación ou polos seus propios medios. Eran xa grandes animais antes de chegaren ás Galápagos. Colonizaron primeiro as illas máis orientais de Española e San Cristóbal, despois dispersáronse polo arquipélago, establecéndose finalmente unhas 16 poboacións separadas en dez das maiores illas das Galápagos. Actualmente, hai só 10 especies de tartarugas xigantes das Galápagos das 16 especies que había orixinalmente. Durante os séculos XVI e XVII, os Galápagos eran frecuentadas por bucaneiros que atacaban os barcos españois cheos de tesouros. Enchían as bodegas dos barcos con tartarugas porque era unha maneira fácil de almacenar comida, unha tradición que foi continuada polos baleeiros nos séculos que seguiron: "os barcos baleeiros eran case líricos nas súas loanzas da carne de tartaruga, considerándoa máis deliciosa que o polo, porco ou vacún'. Dicían que a carne da tartaruga xigante era unha 'carne suculenta e o aceite dos seus corpos tan puro como a manteiga, pero o mellor de todo, os xigantes podían hibernar na humidade dun barco durante un ano ou máis."
miniatura|Xurxo o Solitario, o último individuo coñecido da especie da illa Pinta Chelonoidis abingdonii