A Kleine Oostpoortburg (en galego: "pequena ponte da Porta do Leste") é unha ponte levadiza de ferro construída no ano 1514, que forma parte do complexo da Porta do Leste (neerlandés: Oostpoort), á que está anexa, na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967."Oostpoortbrug in Delft". En Rijksmonumenten.nl (En neerlandés)
Restauracións A ponte tivo diversas restauracións. Á de 1867, probablemente a cargo do arquitecto municipal de Delft C. J. de Bruyn Kops, débeselle a súa fisionomía actual, á base de ferro e madeira. Nunha posterior intervención, en 1903, reforzouse a súa estrutura engadíndolle uns remaches de ferro, seguindo un proxecto de M. A. C. Hartman. As datas destas dúas restauracións están gravadas nas barras de ferro da ponte."Oostpoort (Eastern-Gate) in Delft ". En Netherlands-Tourism.com (En inglés)
O nome da ponte Unha ponte xiratoria próxima a esta sobre a canle Rijn-Schiekanaal compartía con esta o nome de Oostpoortbrug, o cal provocaba confusión entre os veciños da zona.
Cando o goberno provincial da Holanda Meridional sinalizou a ponte sobre a Rijn-Schiekanaal, da que é titular, cun rótulo co nome de Oostpoortbrug, o goberno municipal decidiu rotular tamén a súa ponte engadíndolle ao seu nome a palabra Kleine (en galego: "pequeno"), para pór fin así á confusión entre ambas as denominacións.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delft
Bibliografía Visser. Delfts Bruggen. Waltman. Delft. 1957. Delft over bruggen. Deltech. Delft, 1997, Páxina 110. [ISBN 9075095341]
Ligazóns externas Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés) Localización das pontes de Delft en Google.com
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Pontes dos Países Baixos Categoría:Rijksmonument