O Aeroporto de Varna (IATA: VAR, ICAO: LBWN) é o aeroporto da cidade de Varna, a capital marítima histórica de Bulgaria. É o terceiro máis grande do país e é un importante destino durante a temporada estival. O aeroporto atópase a 10 quilómetros do centro de Varna, preto da vila de Aksakovo, e serve ao nordés de Bulgaria. Ten voos domésticos e internacionais a 71 destinos de 29 países operados por unhas 50 aeroliñas.

Historia A historia do aeroporto remóntase ao ano 1916 cando se construíron dous pendellos para o primeiro hidroporto de Bulgaria, situado na área de Peinerdzhik. Entre 1919 e 1920 houbo un servizo de correo irregular entre Sofía e Varna e non sería ata 1947 cando se estableceu unha liña permanente entre as dúas cidades. O que medrara como o aeroporto de Tihina estaba situado ao oeste da actual ponte de Asparuhov e era bastante primitivo para satisfacer as demandas dunha cidade moderna. Así en 1946 tomouse a decisión de construír un novo aeroporto a varios quilómetros ao oeste da cidade, preto de Aksakovo. As melloras foron chegando cos anos, construíndose unha nova terminal en 1972 e unha nova pista en 1974.

Dende o 15 de outubro de 2011 ata o 28 de febreiro de 2012 o aeroporto estivo pechado debido á reconstrución da súa pista de aterraxe. Todos os voos transladáronse ao aeroporto de Burgas. No ano 2013 inaugurouse unha nova terminal de pasaxeiros, pechándose a antiga.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Varna