BA CityFlyer é unha aeroliña subsidiaria de British Airways. Ten a súa sede en Didsbury, Manchester. Opera unha rede de servizos domésticos e europeos dende a súa base principal no aeroporto da Cidade de Londres. No ano 2016 BA Cityflyer tamén comezou a operar dende o aeroporto de Londres-Stansted. En 2017 BA Cityflyer iniciou servizos dende Manchester, Birmingham e Bristol, regresando así British Airways a estas rexións despois de 10 anos de ausencia. Todos os seus servizos operan coas cores, nome e números de voo da súa aeroliña nai.

BA Cityflyer Limited ten unha licenza de operación tipo A da Autoridade Civil de Aviación británica, o que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.

Frota En decembro de 2020 a frota de BA CityFlyer estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de BA CityFlyerAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasEmbraer 1702–76Embraer 19022298Total242

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Notas

Categoría:Aeroliñas do Reino Unido