miniatura|Styca de cobre do rei Raedwulf. Raedwulf (tamén escrito Rædwulf), foi rei de Northumbria por un curto período de tempo difícil de definir, cando depuxeron a Eanred.

Traxectoria Non se sabe cales foron os seus antepasados, pero crese probábel que os reis Osberht e Aelle de Northumbria fosen parentes seus.

Atopáronse moedas do seu reinado. A única bibliografía antiga que o nomea é a de Roger de Wendover, na que se di que morreu loitando contra os pagáns, unha palabra coa que o autor se refire aos viquingos.

Nos anais do dátase o inicio do seu reinado no ano 844, pero a análise cronolóxica non dá moita credibilidade a esta data. O descubrimento dunha moeda co nome de Eanred, datada preto de 850, fixo repensar a datación dos reis posteriores. Segundo esta nova visión, o reinado de Rædwulf podería ser arredor do ano 858.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993.

Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990.

Categoría:Reis de Northumbria