Os mende son un dos meirandes grupos étnicos de Serra Leoa, aínda que tamén ten poboacións menores nos países veciños de Liberia e Guinea. Os mende pertencen ó grupo de mande que viven en África occidental. Na súa maioría son granxeiros e cazadores e a súa sociedade é patriliñal, patrilocal e polígama. Falan a lingua mende, que tamén é lingua franca rexional entre outros grupos étnicos de Serra Leoa máis cativos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fage, John D. History of Africa. Routledge; 4th edition (2001). Among the Mende in Sierra Leone. The letters from Sjoerd Hofstra (1934-1936). Ed. and transl. by Marijke Gijswijt-Hofstra. Leiden, African Studies Centre, 2014. Olson, James S. The Peoples of Africa: An Ethnohistorical Dictionary (1996). National Institute of Industrial Psychology (Great Britain). Occupational Psychology (1973).

Categoría:Grupos étnicos de Serra Leoa Categoría:Grupos étnicos de Liberia Categoría:Grupos étnicos de Guinea