Un alcaide ou, tamén casteleiro ou castelán era, na Idade Media, o gobernador ou o máximo xefe militar e oficial xurisdicional dun alcázar, castelo ou fortaleza. As súas facultades eran de diferente orde e estendíanse tanto á xurisdición civil, como a criminal, e tanto ao goberno militar, como ao político.
O cargo era sempre ocupado por un representante do rei e combinaba funcións militares, administrativas e, en casos particulares, xudiciais. Co tempo, engadiuse a partícula "mor" ao cargo de alcaide, distinguindo o seu carácter militar.
Posteriormente o título estendeuse a outras actividades de dirección de diferentes tipos de establecementos como, por exemplo, o funcionario que nun centro penitenciario tiña ao seu cargo a custodia e a seguridade dos presos e a organización do réxime do establecemento.
Etimoloxía O termo alcaide, o mesmo que alcalde, derivan do árabe hispano قاضي alqáḍi, e este do árabe clásico, قاضي al-qāḍī, "o condutor (de tropas)", e tamén "o xuíz" (no caso de alcalde).alcaide no DRAE.alcaide no DRAE.alcalde no Merriam Webster Unabridged Dictionary.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casteleiro
Categoría:Reconquista Categoría:Política de España Categoría:Títulos Categoría:Ocupacións da Idade Media