Chiminigagua (tamén chamado Chiminichagua ou Chimichagua) era o ser supremo, deus omnipotente e creador do mundo na relixión dos muiscas.Ocampo López, 2013, Ch.1, p.15Ocampo López, 2007, Ch.V, p.218 A deidade suprema dos muiscas era un deus estático e sen corpo que gobernaba sobre tódolos outros deuses. Nunca era louvado directamente, senón a través de deuses menores como o Sol (Sué), a Lúa (Chía) e a fertilidae (Chaquén). Cando os españois chegaron a territorio muisca foron descritos como "fillos do Sol".Ocampo López, 2013, Ch.1, p.20 Chiminigagua: the supreme being Chiminigagua foi descrito por primeira vez a finais do século XVI polos cronistas españois Pedro Simón e Juan de Castellanos.Ocampo López, 2013, Ch.1, p.19
Os muiscas e a súa confederación eran unha das catro civilizacións precolombianas desenvolvidas en América, e a súa relixión xurdida no Altiplano Cundiboyacense dos Andes xogaba un importante papel na súa sociedade. O culto solar e a crenza nunha deidade suprema é comparable ó doutros pobos indíxenas de América e doutras partes do mundo. Tezcatlipoca era un deus semellante para os aztecas e Viracocha era a súa contraparte para os incas. Quetzalcóatl e Huitzilopochtli representaban o Sol para os aztecas, e os maias adoraban a Kinich Ahau, mentres que os incas crían que Inti simbolizaba o Sol e creou a súa civilización.Ocampo López, 2013, Ch.1, p.16
Descrición miniatura|250px|dereita|Tunjo de ouro dunha nai co seu neno no colo, Museo do Ouro. A miúdo os nenos eran ofrecidos en sacrificio a Chiminichagua. Chiminigagua era un deus universal e representaba a única luz que existía durante o tempo da noite. Cando o mundo foi creado só existía a escuridade, e a única luz procedía de Chiminigagua. Cando Chiminigagua decidiu iluminar coa súa luz o Universo, primeiro abriu o seu gran bandullo, que era onde brillaba a luz. Chiminigagua - Pueblos Originarios Logo creou dous grandes paxaros negros e lanzounos ó espazo. Os paxaros espallaron a luz cos seus peteiros polo cosmos. Deste xeito, el creou a luz e todo o que hai no mundo. Chiminigagua tamén ensinou a importancia dos outros deuses, Chía (a Lúa), Sué (o Sol) e Cuchavira (o arco da vella). Para os muiscas, adorar a Lúa e o Sol agradaba a Chiminigagua. A creación do Sol e da Lúa deu orixe á deusa nai Bachué. Chiminigagua giving rise to Bachué O deus mensaxeiro de Chiminigagua era Bochica.
Santuarios Os santuarios máis importantes estabelecéronse na Colombia precolombiana en Sugamuxi (a actual Sogamoso), Guatavita, Bacatá (a actual Bogotá) e Guachetá. O zaque Goranchacha construíu o templo en Hunza (a actual Tunja), e na súa honra o pobo puxo os Coxíns do zaque, dúas pedras circulares sagradas. Cada día antes do amencer, o zaque e os seus sacerdotes reuníanse para adorar ó Sol. Os gobernantes muiscas axeonllábanse nos coxíns e a xente rezaba, cantaba e bailaba. Nalgunhas ocasións, realizábanse sacrificios humanos, e os corazóns de nenos de doce anos eran extraídos dos seus corpos e ofrecidos ó Sol.
Sogamoso era considerada unha cidade sagrada na zona oriental dos Andes Colombianos e era coñecida como a "Cidade do Sol", bendicida por Bochica. Alí era onde os peregrinos se reunían para adorar a Chiminigagua. Cando os conquistadores españois liderados por Gonzalo Jiménez de Quesada chegaron á área, buscaron alí o ouro muisca e o lendario El Dorado. Os españois queimaron o Templo do Sol, destruíndo unha das obras relixiosas máis elaboradas dos muiscas.Ocampo López, 2013, Ch.1, p.18 En 1942, o templo foi reconstruído polo Museo Arqueolóxico de Sogamoso.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo muisca Relixión muisca Bibliografía
Categoría:Deuses muiscas Categoría:Deuses creadores