Ramón Fuentes Canal, nado en Verín cara a 1908 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado e funcionario de estatística en Ourense. Foi vogal da directiva (1931) e despois presidente das Juventudes Socialistas de Ourense (1932), tamén presidiu a Federación de colectividades socialistas da provincia de Ourense en 1933.Censo e directivas das sociedades obreiras e agrupacións locais ourensás de orientación socialista (1895-1936) Pertenecía ao sector da esquerda do PSOE. Foi candidato do PSOE por Ourense nas eleccións de febreiro de 1936 pero non foi elixido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE por Ourense para a elección do novo Presidente da República.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Montederramo a principios de agosto.El Pueblo Gallego, 3-8-1936, p. 2. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 8 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 847 Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 9 de decembro de 1936 con 28 anos. Notas

Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Finados en 1936

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos