O Templo do Sol de Sogamoso era un templo construído polos muiscas como sitio de adoración para o seu deus do Sol, Sué. O templo foi construído en Sogamoso, Colombia, daquela parte da Confederación muisca e chamada Sugamuxi. Era o templo máis importante da relixión muisca. O templo foi destruído polo lume dos conquistadores españois liderados por Gonzalo Jiménez de Quesada, que devecía por atopar o lendario El Dorado.Ocampo López, 2013, Ch.1, p.18 Unha reconstrución moderna foi erixida no Museo Arqueolóxico de Sogamoso.
Estrutura e adoración miniatura|200px|esquerda|Escudo de armas de Sogamoso, a Cidade do Sol. O Templo do Sol foi construído na marxe dereita do pequeno río Monquirá. O templo era unha grande estrutura redonda feita de feita de postes e arxila cun teito feito de cana. O templo non tiña ningunha fiestra. As columnas que arrodeaban o templo en tres aneis concéntricos estaban feitas de madeira de Casanare. O templo representaba o cosmos e foi construído na honra do deus do Sol, Sué. O templo tamén era un lugar de enterramentos para os máis importantes caciques e sacerdotes (en muisca: ogques).Temple of the Sun - Sogamoso - Pueblos Originarios - consultado o 4 e maio de 2016
Os muiscas tiñan coñecementos de astronomía e o templo foi construído de acordo coas posicións do Sol. Tamén construíron deste xeito outros lugares ó longo dos seus territorios, como El Infiernito, preto de Villa de Leyva, ou o Templo da Lúa de Chía.
No templo, os rituais eran organizados polos caciques e os zaques da Confederación muisca, que vestían roupas de cor vermella. O cacique mitolóxico Idacansás realizaba reunións onde os nenos (moxas) eran sacrificados. Eles converteron a cidade de Sugamuxi nun lugar sagrado.Ocampo López, 2013, Ch.12, p.77 O tamén mítico Thomagata viaxaba cada noite dende Hunza ó templo, unha marcha que repetía dez veces cada noite.Ocampo López, 2013, Ch.14, p.85
Destrución miniatura|dereita|220px|Os soldados do exército de Gonzalo Jiménez de Quesada destruíron o templo cos seus fachos. O consquistador español Jiménez de Quesada escoitou falar do Templo do Sol e entrou en Sogamoso en setembro de 1537. Chegou pola tarde e decidiu esperar ata a mañá seguinte para sacar o cacique de Sugamuxi do templo.
Curioso por ver os tesouros do templo, dous dos seus soldados, Miguel Sánchez e Juan Rodríguez Parra, foron ó lugar sagrado a noite do 4 catro de setembro, iluminando o seu camiño con fachos. Cando entraron no templo atoparon ricas xoias e momias de antigos nobres. Cando estaban a recoller partes do tesouro do templo, accidentalmente prendéronlle lume cos fachos.
Reconstrución miniatura|esquerda|230px|Interior do Templo do Sol en Sogamoso. En 1942, o arqueólogo Eliécer Silva Celis descubriu un cemiterio muisca en Sogamoso. O cemiterio contiña tumbas de indíxenas muiscas, con momias aínda preservadas. Baseándose nos descubrimentos arqueolóxicos foi quen de localizar o sitio orixinal onde se atopaba o templo e decidiuse reconstruílo.
A réplica do templo ten unha altura de 18m. Os símbolos da cúpula contan a historia da creación da Terra por Chiminigagua, a deidade suprema dos muiscas. As pequenas aberturas dos lados serven como calendario; cada ano, o 22 de decembro os raios do sol caen xusto sobre o piar central. Arredor do templo reconstruíuse tamén o cemiterio coas momias, que orixinalmente estaban no interior do templo. No presente, todo o conxunto forma parte do Museo Arqueolóxico de Sogamoso, baixo a dirección da Universidade Pedagóxica e Tecnolóxica de Colombia con sede en Tunja.
Outros templos do Sol no mundo Pirámide do Sol - relixión azteca Templo da Cruz Complexa - relixión maia Coricancha - relixión inca Templo do Sol - China Templo do Sol - hinduísmo
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Conquista española das nacións chibchas Arquitectura muisca
Categoría:Pobo muisca Categoría:Historia de Colombia Categoría:Templos