O Lenin () foi un quebraxeos, construído en Inglaterra para o Imperio ruso. Botado en 1916, antes de entrar en servizo para Rusia, o barco serviu na Mariña Real durante a guerra civil rusa. Foi, finalmente, adquirido pola Unión Soviética e serviu durante a segunda guerra mundial, sendo finalmente desmantelado en 1977.

Historia do buque A construción do barco, por encargo da Armada Imperial rusa, comezou en xuño de 1916 no estaleiro de Armstrong Whitworth en Newcastle upon Tyne como o St Alexandre Nevski, en honra ao heroe ruso Alexandre Nevski. A súa construción estivo supervisada polo arquitecto naval ruso Ievgeny Zamyatin. (updates articles by Myers published in Slavonic and East European Review) O buque foi lanzado o 23 de decembro de 1916, e rematado en xuño de 1917. Para entón, o Imperio ruso xa deixara de existir tras a Revolución de Febreiro, e o buque foi utilizado pola Royal Navy renomeándoo como HMS Alexander, en setembro de 1917. O HMS Alexander serviu na campaña do norte de Rusia, e foi entregado ás forzas do Exército Branco cando os británicos se retiraron en outubro de 1919.

Baixo bandeira soviética O buque foi capturado axiña polos bolxeviques. En 1921, o mariñeiro e explorador noruegués Otto Sverdrup comandou o barco, agora chamado Lenin, a petición do goberno soviético, nunha expedición na zona ártica de Siberia. Dirixiu un convoi de cinco buques de carga nunha viaxe experimental a través do mar de Kara ata as desembocaduras dos ríos Obi e Ienisei. Os barcos chegaron ao seus destinos e o Lenin regresou con seguridade. Este foi considerado un paso importante no desenvolvemento do mar de Kara na ruta do Mar do Norte.

En 1937 o Lenin quedou atrapado no xeo, xunto a un convoi de cinco buques. Finalmente foron rescatados polo quebraxeos Krasin en agosto de 1938.

Durante a segunda guerra mundial o Lenin tomou parte nos convois rusos no Ártico.

O Lenin continuou en servizo durante a guerra fría, pero en 1957, cando o quebraxeos nuclear Lenin foi lanzado, foi renomeado como Vladimir Ilich Lenin. O buque foi retirado do servizo en 1968 e, finalmente, desmantelado en 1977.

Na cultura popular Na súa novela distópica We, Evgenii Zamiatin refírese á especificacións do St Alexandre Nevski nos nomes dalgúns dos seus personaxes.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Navíos da Royal Navy Categoría:Crebaxeos Categoría:Barcos de 1916