Os sorbios ou sorabos (en , en , en ), son un grupo étnico eslavo que habitan en Lusacia, unha rexión dividida entre Alemaña (os estados de Saxonia e Brandenburgo) e Polonia (as provincias de Baixa Silesia e Lubusz). Segundo Constantino VII, os serbios dos Balcáns teñen a mesma orixe que os sorbios e os caxubios. Tamén di que os serbios habitaron as áreas entre os ríos Elba e Vístula, na costa sur do mar Báltico. Tradicionalmente falan a lingua sorbia, estreitamente relacionada co polaco, o caxubio, o checo e o eslovaco.Helmut Faska. About Sorbian Language . O sorbio é unha lingua minoritaria oficialmente recoñecida en Alemaña. Os sorbios están xenética e lingüisticamente máis relacionados cos checos e cos polacos. Por mor do proceso de asimiliación cultural entre os século XVII e XX, tódolos sorbios falan alemán dende o século XIX, e as novas xeracións tenden a non falar a lingua. O pobo sorbio está dividido relixiosamente entre católicos (a maioría) e luteranos.

Notas

Categoría:Grupos étnicos de Alemaña Categoría:Pobos eslavos