Heroe da Unión Soviética (, Guerói Sovétsky Soyuz) era o máis alto título honorario e o grao de distinción superior da Unión Soviética. Incluía a Orde de Lenin e, como sinal de excelencia, a medalla da Estrela Dourada co certificado da fazaña (grámota), concedido polo Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética. O galardón foi establecido o 16 de abril de 1934.
Historia Máis de 12 500 persoas recibiron esta distinción. A gran maioría durante a Gran Guerra Patria (11 635 Heroes da URSS, 101 en dúas ocasións, 4 en tres ocasións e 2 en catro ocasións). Un heroe famoso foi Aleksandr Matrosov que recibiu de maneira póstuma por morrer ao bloquear unha metralladora inimiga co seu propio corpo. Tamén recibiu a condecoración a título póstumo o español Rubén Ruiz Ibárruri, único fillo home de Dolores Ibárruri A Pasionaria, caído durante a batalla polo control da estación central na Batalla de Stalingrado.
Os primeiros en recibir a distinción foron os pilotos: Liapidevsky, Levanevsky, Vasili Molokov, Mavrikiy Slepniov, Nikolai Kamanin, Iván Doronin e Vodopiánov, que participaron na procura e rescate da tripulación do vapor Cheliuskin, que se afundiu en augas do Ártico o 13 de febreiro de 1934.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Orde de Lenin Cidade Heroica
Categoría:Ordes, condecoracións e medallas da Unión Soviética