miniatura|Mostra de 10 gramos de uranio-238 O uranio-238 (238U ou U-238) é o isótopo máis común do uranio en estado natural, cunha abundancia relativa de 99%. A diferenza do uranio-235 é non-fisible, polo que non pode sustentar unha reacción nuclear en cadea. Porén, é fisible por medio de neutróns rápidos, e é un material fértil, polo que pode transmutarse en plutonio-239 fisible. o uranio-238 non pode sustentar por si só unha reacción en cadea xa que a dispersión inelástica reduce a enerxía de neutróns por debaixo do rango no que é probable a fisión rápida dun ou máis núcleos de seguinte xeración. O ancheamento Doppler da absorción de neutróns do uranio-238 é resoante, incrementando a absorción segundo aumenta a temperatura combustilbe, e é un mecanismo esencial de retroalimentación negativa para o control de reactores nucleares.

Ó redor do 99,284% da masa do uranio natural é uranio-238, cunha vida media de 1,41 segundos (4,468 anos, ou 4 468 000 millóns de anos). Por mor da súa abundancia natural e da súa vida media en relación a outros elementos radioactivos, o 238U produce un 40% da calor radioactiva producida pola Terra. O decaemento do 238U contribúe con 6 electróns anti-neutrinos por decaemento, dando como resultado un sinal xeoneutrino detectable cando os decamentos suceden dentro da Terra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Baba, M., Wakabayashi, H., Ito, N., Maeda, K., & Hirakawa, N. (1990). Measurement of double-differential neutron emission spectra from uranium-238. Journal of Nuclear Science and Technology, 27(7), 601-616. Rao, M. N., & Kuroda, P. K. (1966). Decay constant and mass-yield curve for the spontaneous fission of uranium-238. Physical Review, 147(3), 884.

Categoría:Isótopos do uranio