Astilleros Armon é unha empresa naval asturiana con sede en Navia e factorías en Galiza. A orixe da empresa foi un pequeno estaleiro en Navia adicado aos pesqueiros de baixura en madeira. Constrúe buques pesqueiros de todo tipo e eslora, remolcadores, oceanográficos, buques auxiliares, iates, cargueiros, dragas etc. A empresa leva construídos preto de mil buques en todo o grupo.

Sedes miniatura|dereita|Remolcador construído en Navia. Armon Navia. 34 000 m², tres grellas de ata 124 metros e un peirao de armamento de 300 m. Armon Burela. Fundado en 1992, 5600 m², dúas grellas e un peirao de 250 m. Armon Gijón (antes Juliana). Fundado en 2011, 148 000 m², dous peiraos de 222 e 239 m, dous diques de 170 x 25 m e 124 x 17 m, e dúas grellas de 180 x 47 m. Armon Vigo. Fundado en 1998, 15 000 m², dúas grellas de 120 m e un peirao de 180 m. Aux Naval (Puerto de Vega). 15 000 m², constrúe buques de aluminio. Conformado y Corte. Fundado en Jarrio en 2009, 7400 m².

Normativa A empresa ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001 por Bureau Veritas e Asociación Internacional de Sociedades de Clasificación (IACS).

Condicións de traballo A empresa ten recibido queixas no seu estaleiro de Gijón de faltar ás medidas de seguridade e polas condicións de traballo. En 2015 morreron dous traballadores en accidentes laborais en Xixón.Piden cárcel para tres acusados de un accidente laboral en ArmónTres meses de cárcel para los responsables de un accidente mortal en Armón

Notas

Categoría:Navia Categoría:Empresas de construción naval