Stephan Ladislaus Endlicher, nado en Presburgo (hoxe Bratislava) o 24 de xuño de 1804, e finado en Viena o 28 de marzo de 1849,Stephan Ladislaus Endlicher na Catholic Encyclopedia (1913) .Endlicher, Stephan Ladislaus en The American Cyclopædia (1879) . foi un botánico, lingüista, sinólogo, historiador, arqueólogo e numismático austríaco.

Foi director do Xardín botánico de Viena e famoso por ser o descritor do xénero Sequoia, entre outros.

Traxectoria Fillo dun médico, Endlicher estudou filosofía en Pest e en Viena, e teoloxía, desde 1823 a 1826, en Viena, aínda que só recibiu as ordes menores, non sendo ordenado sacerdote.

Desde 1826, en Presburgo, centrou a súa atención nos idiomas, estudando especialmente chinés, cuxo coñecemento mostra nalgunhas das súas obras, como Anfangsgründe der chinesischen Grammatik (Viena, 1845) e Atlas von China nach der Aufnahme der Jesuitenmissionäre (Viena, 1843).

En 1836 foi nomeado conservador do Naturhistorisches Museum Wien (Museo de Historia Natural de Viena) e, en 1840, profesor de botánica na Universidade desta cidade, sendo tamén, desde 1839 até a súa morte, en 1849, director do xardín botánico da Universidade de Viena.

Ocúpase especialmente do herbario do xardín botánico, ao que achega a súa propia colección, constituída por máis de 30 000 especies.

Desenvolveu un sistema de clasificación dos vexetais, que foi o principal obxectivo do seu libro Genera plantarum secundum ordines naturales disposita (1836-1850). Nesta obra, separa as talófitas das plantas vasculares.

En 1835 fundou a primeira revista austríaca de historia natural: Annalen des Wiener Museums der Naturgeschichte, que aínda se publica a día de hoxe co nome Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien.

Traballou en colaboración con numerosos botánicos, entre eles Gray, Bentham e Brown.

Endlicher describiu durante a súa vida numerosas especies de plantas e varios xéneros, entre eles Sequoia.Xéneros e especies descritos por Endlicher.

Stephan Endlicher participou, así mesmo, en acontecementos políticos, como as revolucións de 1848, e foi membro dos parlamentos alemán e austríaco.

Foi membro das Academias: Academia alemá das Ciencias Naturais Leopoldina. Academia Austríaca de Ciencias. Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos.

Principais obras Prodromus florae norfolkicae. 1833. Atakta botanica. Nova genera et species plantarum .... 1833–1835. Nova genera ac species plantarum quas in regno chilensi, peruviano et in terra amazonica ... (en colaboración con Eduard Friedrich Poeppig) 1835–1845. Genera plantarum secundum ordines naturales disposita 1836–1850. "Bemerkungen über die Flora der Südseeinseln". En: Ann. Mus. Wien 1: 129-190, 1836. Iconographia generum plantarum. 1837–1841. Grundzüge einer neuen Theorie der Pflanzenzeugung. 1838. Enchiridion botanicum .... 1841. Die Medicinal-Pflanzen der österreichischen Pharmakopöe: ein Handbuch für Ärzte und Apotheker / von Stephan Endlicher. - Wien : Gerold, 1842. Grundzüge der Botanik. Wien 1843 (en colaboración con Unger). Anfangsgründe der Chinesischen Grammatik. Wien 1845. Synopsis Coniferarum .... 1847. Rerum Hungaricarum monumenta Arpadiana. 1849. Die Gesetze des heiligen Stefan. 1849.

Abreviatura A abreviatura Endl. emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Endlicher, Stephan Friedrich Ladislaus (1804-1849) no IPNI.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Stephan Ladislaus Endlicher na Catholic Encyclopedia (1913) . Endlicher, Stephan Ladislaus en The American Cyclopædia (1879) .

Ligazóns externas Obras de Endlicher en botanicus.org Obras de Stephan Endlicher en WorldCat.

Categoría:Científicos de Austria Categoría:Botánicos de Austria Categoría:Lingüistas de Austria Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Historiadores de Austria Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Nados en 1804 Categoría:Nados en Bratislava Categoría:Finados en 1849 Categoría:Micólogos