O arneiro, arneirón ou arneste son crustáceos da subclase dos cirrípedes e da orde Sessilia

A orde conta con varias especies. Son organismos con coiraza cónica ou cilíndrica que se atopan habitualmente apegados a superficies rochosas da costa, a crustáceos como mexillóns, ou a estruturas artificiais como os cascos dos barcos.

En Galicia destaca a especie invasora Austrominius modestus, que describiu Darwin en 1854 e que é orixinaria de Australia e Nova Zelandia. Foi introducida por dispersión natural en 1943 pola costa sueste do Reino Unido, estendéndose despois por Galicia nos anos 50 ; inda que desde aquela a súa poboación foi diminuíndo. Esta especie é competidora con Semibalanus balanoides e Chthamalus montagui.

Galería

Notas

Categoría:Crustáceos