miniatura|dereita|230px|Os guerreiros güechas dos muiscas tiñan permitido levar coroas de plumas e xoias douradas. Este artigo describe o militarismo dos muiscas, un pobo indíxena que habitou o Altiplano Cundiboyacense, nas terras altas dos Andes de Colombia, antes da chegada dos conquistadores españois.
Descrición Malia que as descricións máis antigas dos cronistas españois narran sobre o seu militarismo, revisións posteriores revelaron que os muiscas eran un pobo máis comerciante que guerreiro.Francis, 1993, p.48 Aínda así, tódalas investigacións concordan que os muiscas tiñan clases especiais dentro da súa sociedade reservadas para os guerreiros. As batallas que loitaban eran principalmente para a defensa do seu territorio perante os panches do oeste e do suroeste, e as batallas entre o zipa e o zaque.Rodríguez de Montes, 2002, p.1633 A verba muisca para "guerra" ou "inimigo" é saba.Muysccubun: saba
Guerreiros güecha
miniatura|dereita|230px|Para lanzar as súas frechas, os guerreiros muiscas usaban tirafondas semellantes ós atlatl de Mesoamérica miniatura|dereita|230px|As frechas envelenadas eran disparadas con zarabatanas. Para a etimoloxía da verba güecha propuxéronse varias hipóteses. Segundo Pedro Simón, güecha quere dicir "valente",Rodríguez de Montes, 2002, p.1634 mentres que Ezequiel Uricoechea sinala a súa derivación de zuecha, que quere dicir "tío"; "irmán da nai". A liñaxe de herdanza na sociedade muisca era materna. Uricoechea describiu o termo como unha combinación de gue- ("vila") e cha, que quere dicir "home"; "home da vila". O nome güecha tranformouse en castelán colombiano como guache, que quere dicir "non civilizado", "bruto".Palabras muiscas que usamos los bogotanos sin saberlo
Os guerreiros güecha desfrutaban de privilexios especiais e eran considerados a clase máis alta da sociedade. Só estaban por debaixo dos sacerdotes, pero por riba da xente do común.Muisca - Pueblos Originarios Tanto Pedro Simón como Lucas Fernández de Piedrahita describen os guerreiros güecha como fortes e valentes, recrutados entre as diversas vilas da Confederación muisca.Rodríguez de Montes, 2002, p.1635Henderson & Ostler, 2005, p.154
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Pobo muisca