Remixio González Gándara, nado o 2 de xullo de 1914,El Magisterio Español, 3-7-1934, p. 16. foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria Foi mestre de Mourillós. Membro de Ultreya, participou nunha estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Despois participou na creación das Mocedades Galeguistas en Celanova,A acta fundacional da Mocedade Galeguista de Celanova ve a luz e foi presidente da Mocedade de Ourense. Colaborou en Nós. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fíxose avogado e exerceu en Vigo nos anos cincuenta. Con Bieito Fernández Álvarez, Xosé Velo e outros artellaron o Comité Arredista Revolucionario Galego, de vida efémera polas dificultades que impoñía a clandestinidade que se deu a coñecer a través dun manifesto publicado en Patria Galega en abril de 1947, asinado por Bieito Fernández co pseudónimo de B. Silvar.

Vida persoal Foi pai de María Dolores González Lorenzo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía . O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II) 1985, Deputación Provincial de Ourense.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do Partido Galeguista

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes