Cándido Fernández García, nado en Xinzo de Limia cara a 1891 e finado nas Maus (Vilar de Barrio) o 10 de agosto de 1936 , foi un político galego.
Traxectoria Veciño de Baronzás. Emigrou a Arxentina e regresou en 1924. Militante socialista, foi presidente do Centro Obrero de Baronzás. Foi concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo de Limia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 9 de agosto a Garda Civil e seis falanxistas presentáronse no seu domicilio en Baronzás ás doce da noite; milicianos armados sacárono á forza e levárono detido ao cuartel da Falanxe de Xinzo. Apareceu asasinado con Cándido Gándara González nas primeiras horas do 10 de agosto de 1936, detrás do muro dunha leira, no km 4,9 da estrada de Vilar de Barrio ao Santuario dos Milagres, en termos das Maus (Vilar de Barrio).
Véxase tamén Ligazóns externas 9 de agosto de 1936. Os asasinatos do concelleiro Cándido Fernández García e o agrario Cándido Gándara González de Sandiás. Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Concelleiros de Xinzo de Limia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Xinzo de Limia
Categoría:Nados en 1891
Categoría:Finados en 1936