A Segunda División de fútbol sala (ata 2011 chamada División de Prata) é a segunda categoría de fútbol sala en España, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala. Atópase por baixo da Primeira División (antes División de Honra), máxima categoría do fútbol sala, e dispútase dende 1993.

Sistema de competición O sistema de competición enfronta aos equipos da liga entre eles en dúas ocasións: unha como local e outra como visitante. Ao compoñerse actualmente a Segunda División de 16 equipos, a liga conta con 30 xornadas na súa fase regular. Séguese o sistema de puntuación FIFA, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. Na liga regular non hai prórrogas e o partido conclúe cando finaliza o tempo regulamentario.

Ao finalizar a tempada regular, o primeiro clasificado ascende a Primeira División. Pola súa parte, os equipos que finalicen entre o segundo e o quinto posto xogarán un playoff a ida e volta, con terceiro partido de desempate. Os equipos filiais non poden ascender nin xogar a promoción de ascenso. Por outro lado, os tres últimos clasificados descenden a Segunda División B (antes Primeira Nacional A).

Ao longo da súa historia, a Segunda División tivo distintas estruturas. Na súa creación establecéronse tres grupos, onde os equipos repartíanse en terzo noroeste da península, terzo nordés e terzo sur. Así mantívose ata a tempada 2007-2008, na que xa só quedaron establecidos dous grupos (norte e sur) e, na tempada 2009-2010, foi a última na que o campionato contou con 30 participantes divididos en dous grupos segundo a súa situación xeográfica. Con todo, os problemas económicos de moitas entidades obrigaron á LNFS a establecer unhas condicións económicas máis estritas, que reduciron o número de participantes.

Equipos participantes Equipos da tempada 2017/18 EquipoCidadeComunidade AutónomaBisontes CastellónCastelló de la Plana Comunidade ValencianaElche CFElx Comunidade ValencianaElPozo Ciudad de MurciaMurcia Rexión de MurciaFC Barcelona B LassaBarcelona CataluñaFS Ciudad del Vino ValdepeñasValdepeñas Castela-A ManchaFSD PuertollanoPuertollano Castela-A ManchaItea CórdobaCórdoba AndalucíaManzanares FSManzanares Castela-A ManchaNoia Portus ApostoliNoia GaliciaPescados Rubén BurelaBurela GaliciaProne LugoLugo GaliciaReal Betis FutsalSevilla AndalucíaRivas FutsalRivas-Vaciamadrid Comunidade de MadridSoftware DELSOL MengíbarMengíbar AndalucíaTenerife Iberia ToscalSanta Cruz de Tenerife CanariasUMA AntequeraAntequera Andalucía

Véxase tamén Outros artigos Primeira división española de fútbol sala

Ligazóns externas Sitio web oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala

Categoría:Competicións de fútbol sala de España