STS-107 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 16 de xaneiro de 2003 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. O transbordador resultou destruído ao reentrar na atmosfera, sen que ningún dos ocupantes sobrevivira.
Características STS-107, con sete astronautas a bordo foi unha misión do transbordador espacial Columbia para facer experimentos en órbita durante un voo en solitario. A tripulación estaba formada polo comandante Rick Husband, o piloto Willie McCool, o comandante de carga Michael P. Anderson e os especialistas de misión Kalpana Chawla e Laurel Clark e o especialista de carga Ilan Ramon), o primeiro israelí no espazo. O transbordador levaba a bordo dous módulos Spacehab para ser usados como laboratorio. O Columbia era o máis antigo e pesado da frota de transbordadores espaciais, e nunca foi modificado para facer misións cara a Estación Espacial Internacional, polo que so era utilizado para voos en solitario e en misións de servizo, como a misión STS-109 de reparación do Telescopio Espacial Hubble. Na misión STS-107 o Columbia levou a cabo experimentos en microgravedade de interese potencialmente comercial. Entre os experimentos estudouse a combustión en microgravedade, a compresión de material granular, a formación de cristais de ceolita, o fluxo capilar de xenon licuado, o crecemento en cultivos celulares e en plantas, a formación de cristais de proteína, os cambios cardiovasculares e musculoesqueléticos en microgravedade e técnicas de reciclaxe de auga, entre outros campos.
A misión orixinalmente ía ser lanzada en 2001 pero sucesivos atrasos e outras misións desprazaron a data de lanzamento ata xaneiro de 2003. Durante o lanzamento observouse un anaco de espuma do illante do tanque principal impactando contra o bordo de ataque do ala esquerdo do transbordador, pero concluíuse que o impacto non era de importancia. A misión transcorreu sen incidencias. O día 1 de febreiro comezaron as manobras de reentrada. En canto o transbordador ingresou na atmosfera terrestre e comezou a quentarse, sensores ao longo da nave empezaron a indicar anomalías na temperatura e na presión. As comunicacións coa tripulación cesaron ás 14:59 GMT, ao tempo que videoafeccionados gravaban a nave desintegrándose sobre Texas e Louisiana. Miles de pezas caeron nun corredor sobre eses dous estados. Ningún dos astronautas sobreviviu. A análises e investigación posteriores demostraron que o impacto da espuma no ala abriu un burato polo que entraron gases a alta temperatura durante a reentrada, destruíndo a estrutura do transbordador e matando as tripulantes. A frota de transbordadores quedou en terra durante a investigación, e desenvolvéronse procedementos para evitar un desastre parecido nas misións restantes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia Accidente do transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS