Manuel del Río Pampín, nado en Ordes e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un carteiro e político galego.
Traxectoria Fillo de Pedro del Río Recouso. Carteiro urbano de Ordes dende 1931El Heraldo Gallego, 3-1-1932, p. 5.. Un dos líderes do PSOE de Ordes, foi un dos dirixentes da Fronte Popular de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Ordes. En agosto foi cesado como funcionario de CorreosLa Voz de Galicia, 16-8-1936, p. 2. Despois foi trasladado á prisión de Compostela. Acusado de traizón, foi xulgado en consello de guerra o 22 de decembro. Condenado a pena de morte, foi executado en Boisaca o 8 de decembro de 1936 con outros dez veciños de Ordes. miniatura|Placa conmemorativa do concello de Ordes no cemiterio de Boisaca en memoria dos fusilados.
Vida persoal Casou en Vilagarcía con Milagros Rodríguez Maroño en 1930Vida Gallega, 30-11-1930, p. 45..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos