O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é unha construción civil localizada no centro histórico da capital galega. É o único mercado público da cidade e destaca especialmente pola calidade dos seus produtos de proximidade e pola presenza de produtores locais e paisanas, sendo ademais un dos lugares máis queridos de Compostela.

Historia e características miniatura|Tres fotografías da Praza un sábado de abril de 2018. O mercado actual, ideado polo arquitecto Joaquín Vaquero PalaciosMercado de Abastos. Santiago de Compostela , por Juan Ignacio Robles, profesor de Antropoloxía Social na Universidade Autónoma de Madrid . (1900-1998) é un proxecto visionario que posúe como idea reitora "a integración da aldea e o campo da cidade". É unha obra que, pola época na que foi realizada, foi incomprendida por algúns historiadores que defenderon que seguía “os gustos estéticos neorrománicos do novo réxime”VVAA. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. 2003. Ed. Universidade Santiago de Compostela. coord. Ermelindo Portela Silva, páx. 576.. Porén, o crítico Enrique Muga advertía no ano 1983 sobre esta confusión e sobre os valores arquitectónicos do mercado. As instalacións actuais substituíron o desaparecido Mercado da Cidade, que se veu abaixo por un temporal en 1935Historia do Mercado na páxina web Santiagoturismo.com.. A función mercantil da zona remóntase ao século XVIII. A construción do mercado primitivo proxectouse en 1870 e concluíu en 1874, namentres que as obras do actual (conformado por un total de oito naves) comezaron en 1938 e remataron en 1945Historia e futuro da Praza de Abastos , nova en El Correo Gallego o 24 de decembro de 2014.. Está localizado entre a igrexa de Santo Agostiño e a igrexa de San Fiz de Solovio.

Os mellores produtos frescos de temporada tales como queixo, chacina, peixe, marisco, verdura ou carne están á venda tanto nos locais habilitados nas distintas naves coma nos arredores.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Praza de abastos

Ligazóns externas Páxina web oficial https://consellodacultura.gal/especiais/proxector/material.php?mat=84185 https://www.flordesantiago.com/ruth-varela-a-praza-de-abastos-integrou-o-campo-na-cidade-e-segue-a-apuntar-como-sera-o-santiago-do-futuro/ https://www.g24.gal/-/-ruth-varela-?fbclid=IwAR0eVYL_T27Dd8bDaxDLmuPbtOfrBS4Zt88eGWpOmhRM5IaeMgIp0B60BVA

Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Categoría:Mercados de Galicia