O Gran Premio de Europa de 1993 (oficialmente o Sega European Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 11 de abril de 1993 en Donington Park. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1993. A carreira se disputou sobre 76 voltas e foi gañada por Ayrton Senna para o equipo McLaren, por diante do segundo Damon Hill e Alain Prost (terceiro), ambos conducindo para o equipo Williams.

A pilotaxe de Senna cara á vitoria é considerada unha das súas mellores, e as súas fazañas na primeira volta son particularmente eloxiadas, nas que superou a catro pilotos, Michael Schumacher, Karl Wendlinger, Damon Hill e Alain Prost, para tomar a dianteira nunha soa volta en condicións de chuvia torrencial. A carreira foi a primeira realizada baixo o título do Gran Premio de Europa desde , e ata a data é o único Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no circuíto de Donington Park.

Informe

Antecedentes Os plans para celebrar un Gran Premio de Asia na Nippon Autopolis no Xapón non se materializaron, o primeiro Gran Premio de Europa logo de oito anos correuse como a terceira carreira da tempada de 1993. Donington Park foi designado para a carreira, logo de intentar sen éxito ser a sede do Gran Premio do Reino Unido. A compañía de videojuegos Sega patrocinou a carreira e o seu logotipo podíase ver ao longo do Grand Prix e no podio. Sega tamén tiña os dereitos de denominación para o Grand Prix.

Carreira miniatura| Ayrton Senna gañou a carreira para McLaren. Os Williams foron 1-2 en cualificación con Prost na pole por diante de Hill, Schumacher, Senna, Wendlinger e Michael Andretti. Ao principio, chovía e Schumacher bloqueou a Senna, ambos perderon tempo e Wendlinger quedou terceiro. Logo de caer ao quinto posto, Senna pasou rapidamente a Schumacher na terceira curva. Logo foi tras Wendlinger, adiantandoo nas curvas Craner con Schumacher e Andretti tratando de seguilo. Schumacher adiantouno pero Andretti golpeou a Wendlinger e ambos saíronse. Senna foise por Hill e tomou o segundo lugar na curva McLean. Agora Prost era o obxectivo e tomou o liderado na penúltima curva, a Forquita Melbourne. Ná segunda volta, Senna lideraba diante de Prost, Hill, Rubens Barrichello (que comezara no 12º posto), Jean Alesi, Schumacher e JJ Lehto.

A pista comezou a secarse e todo o mundo entrou en boxes para poñer pneumáticos secos. Lehto era quinto, logo de comezar desde o pit lane, pero retirouse con problemas de manexo na 14ª volta. Gerhard Berger tomou o lugar, pero tamén se retirou con problemas de suspensión seis voltas máis tarde. A chuvia regresou e os líderes entraron agora en boxes para volver a cambiar pneumáticos de chuvia. Schumacher non entrou e lideraba a carreira cando trompeou na volta 23 porque estaba cos pneumáticos equivocados. A pista comezou a secarse e todos entraron outra vez máis en boxes, Senna tivo un problema e perdeu 20 segundos. Prost lideraba agora diante de Senna, Hill, Barrichello, Derek Warwick e Johnny Herbert. Comezou a chover e os dous Williams volveron parar mentres que Senna quedábase fóra. Foi a decisión correcta porque de novo comezou a secarse a pista. Os Williams entraron en boxes novamente. Prost tivo problemas na súa parada e cando volveu á pista, era cuarto cunha volta perdida. Barrichello agora estaba en segundo lugar pero comezou a chover e detívose novamente. Entrou aos boxes dúas veces e agora Hill estaba en segundo lugar, aínda que unha volta por detrás. Barrichello, terceiro, tivo problemas coa súa presión de combustible e retirouse, deixándolle o lugar a Prost. Senna estableceu a volta rápida na volta 57, nunha volta cando conduciu polo pit lane pero abortou a parada en boxes, mostrando que en realidade había un atallo a través do pit lane. Isto débese á configuración Grand Prix de Donington, que ten a entrada ao pit antes da curva final na recta principal. Esta é posiblemente a única volta rápida na historia moderna da F1 conducindo a través do pit lane. Senna gañou diante de Hill e Prost, logo de facer catro paradas en boxes en condicións de seco e mollado en comparación coas sete de Prost, que é un récord que permanece en . Herbert terminou cuarto para Lotus ao deterse só unha vez, mentres que todos os demais finalistas detivéronse en boxes varias veces. Riccardo Patrese e Fabrizio Barbazza completaron os seis primeiros. Ao final, só Senna percorrera toda lonxitude total da pista, agás Hill, que terminou cun minuto de atraso. Ao final da carreira, Senna subiu ao podio e déuselle un trofeo que representaba á mascota de Sega, Sonic the Hedgehog sostendo un trofeo co logo de Sega debaixo. Unha imaxe amplamente difundida en Internet mostra a Senna sostendo o trofeo. Contrariamente á crenza popular, este non foi o premio que obtivo Senna por gañar o Grand Prix, era un trofeo falso para un photocall. As imaxes de vídeo mostran que logo de tomarse a fotografía, outorgóuselle o premio real, un trofeo no que non aparece Sonic nin o logo de Sega. A localización actual do famoso trofeo Sega é descoñecido.

Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 2 Alain Prost Williams-Renault 1:24.467 1:10.458 — 2 0 Damon Hill Williams-Renault 1:24.014 1:10.762 +0.304 3 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:26.264 1:12.008 +1.550 4 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 1:23.976 1:12.107 +1.649 5 29 Karl Wendlinger Sauber 1:26.805 1:12.738 +2.280 6 7 Michael Andretti McLaren-Ford 1:26.859 1:12.739 +2.281 7 30 JJ Lehto Sauber 1:25.469 1:12.763 +2.305 8 28 Gerhard Berger Ferrari 1:25.971 1:12.862 +2.404 9 27 Jean Alesi Ferrari 1:25.699 1:12.980 +2.522 10 6 Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:27.273 1:12.982 +2.524 11 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:27.173 1:13.328 +2.870 12 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:26.557 1:13.514 +3.056 13 11 Alessandro Zanardi Lotus-Ford 1:28.782 1:13.560 +3.102 14 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:28.096 1:13.664 +3.206 15 19 Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 1:28.648 1:13.665 +3.207 16 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 1:28.065 1:13.666 +3.208 17 20 Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:29.310 1:13.970 +3.512 18 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:29.851 1:14.121 +3.663 19 15 Thierry Boutsen Jordan-Hart 1:28.701 1:14.246 +3.788 20 24 Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 1:27.275 1:14.274 +3.816 21 26 Mark Blundell Ligier-Renault 1:27.302 1:14.301 +3.843 22 25 Martin Brundle Ligier-Renault 1:26.788 1:14.306 +3.848 23 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:30.107 1:14.927 +4.469 24 21 Michele Alboreto Lola-Ferrari 1:30.049 1:15.322 +4.864 25 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:29.177 1:15.417 +4.959 26 22 Luca Badoer Lola-Ferrari 1:31.178 1:15.641 +5.183

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Ayrton Senna McLaren-Ford 76 1:50:46.570 4 10 2 0 Damon Hill Williams-Renault 76 + 1:23.199 2 6 3 2 Alain Prost Williams-Renault 75 + 1 volta 1 4 4 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 75 + 1 volta 11 3 5 6 Riccardo Patrese Benetton-Ford 74 + 2 voltas 10 2 6 24 Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 74 + 2 voltas 20 1 7 23 Christian Fittipaldi Minardi-Ford 73 + 3 voltas 16 8 11 Alessandro Zanardi Lotus-Ford 72 + 4 voltas 13 9 20 Érik Comas Larrousse-Lamborghini 72 + 4 voltas 17 10 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 70 Presión combustible 12 11 21 Michele Alboreto Lola-Ferrari 70 + 6 voltas 24 Ret 9 Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 66 Caixa de cambios 14 Ret 15 Thierry Boutsen Jordan-Hart 61 Acelerador 19 Ret 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 55 Caixa de cambios 25 Ret 27 Jean Alesi Ferrari 36 Caixa de cambios 9 Ret 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 29 Caixa de cambios 23 Ret 19 Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 27 Colisión 15 Ret 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 22 Trompo 3 Ret 26 Mark Blundell Ligier-Renault 20 Trompo 21 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 19 Suspensión 8 Ret 30 JJ Lehto Sauber 13 Dirección 7 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 11 Embrague 18 Ret 25 Martin Brundle Ligier-Renault 7 Trompo 22 Ret 29 Karl Wendlinger Sauber 0 Colisión 5 Ret 7 Michael Andretti McLaren-Ford 0 Colisión 6 NSC 22 Luca Badoer Lola-Ferrari

Notas Esta foi a 19ª e derradeira volta rápida de Ayrton Senna. Fabrizio Barbazza anotou o seu primeiro punto de carreira.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Ayrton Senna 26 2 Alain Prost 14 3 Damon Hill 12 4 Mark Blundell 6 5 Johnny Herbert 6

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford26 2 Williams-Renault26 3 Lotus-Ford7 4 Benetton-Ford6 5 Ligier-Renault6

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas AtlasF1's 'The Races we Remember' Series:The 1990s

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1993 Categoría:Gran Premio de Europa de Fórmula 1