O aeroporto internacional de Denver é un aeroporto internacional en Denver, Colorado. É o aeroporto máis grande dos Estados Unidos en superficie e a pista 16R/34L, con 4 877 metros, é a pista pública máis longa do país. No ano 2016 Denver foi o 18º aeroporto máis concorrido do mundo e o sexto dos Estados Unidos en termos de pasaxeiros, con máis de 58 millóns. Tamén ten a terceira maior rede doméstica de conexións do país.

Denver ten servizos sen escalas a Norteamérica, Latinoamérica, Europa e Asia, voando a 187 detinos no ano 2015. O aeroporto sitúase no nordés da cidade e é propiedade do City & County of Denver Department of Aviation. Denver foi votado como "Mellor aeroporto en Norteamérica" polos lectores de Business Traveler Magazine durante seis anos seguidos (2005–2010) e foi nomeado "Mellor aeroporto dos Estados Unidos" pola revista Time no ano 2002.

O aeroporto é o principal centro de conexións para Frontier Airlines e Great Lakes Airlines. Tamén é o cuarto maior centro de conexións para United Airlines con 375 saídas diarias a 141 destinos. Tamén é o cuarto centro de conexións máis usado de Southwest Airlines e o que máis medra, con 190 saídas diarias a uns 60 destinos.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Denver