Walls Have Ears é un álbum ao vivo da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, publicado no ano 1986. Gravouse en tres concertos durante o ano 1985 de forma pirata e editouse como dous vinilos de 12" sen o consentimento da banda.
Os temas do 1 ao 7 graváronse o 30 de outubro de 1985 en Londres. O tema 8 gravouse o 8 de novembro no Brighton Beach de Brighton. O resto das cancións gravaronse tamén en Londres o día 28 de abril. Nestas últimas cancións os membros da banda eran Thurston Moore, Lee Ranaldo, Kim Gordon e Bob Bert. O resto contan co novo batería do grupo, Steve Shelley.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 1986