Alba Galocha Folgueira, anteriormente coñecida como Alba Galocha Vallejo, nada o 17 de xaneiro de 1990 en Santiago de Compostela, é unha modelo, actriz, oleira e blogueira galega.
Traxectoria O seu pai é Antón Galocha, profesor de deseño gráfico na Universidade de Santiago de Compostela e a nai, Elba Vallejo, traballa como produtora. En 2008 trasladouse a Madrid e comezou a estudar deseño de moda no Istituto Europeo di Design.
En 2010 comezou a súa carreira como modelo ao protagonizar o catálogo da marca española Malababa e en 2011 abriu o seu propio blog de moda para Vogue.es chamado Tea Time.
Aínda que é relativamente baixa (mide 1,71 m) en comparación con outras modelos, en 2012 recibiu o premio á "mellor modelo" na semana da moda de Madrid. Unha foto dela co actor Hugo Silva saíu na portada da edición de setembro da revista española Vanidad.Hugo Silva, Alba Galocha featured on the vanidad cover from September 2012 Entre 2013 e 2014 foi imaxe para marcas como Loewe e Louis Vuitton. Tamén actuou en varias películas españolas.La top Alba Galocha da el salto al cine de la mano de la hija de Carmena Foi fotografada para as revistas Self Service e Jalouse.
Fixo un grao en Cerámica.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 2014 Jewel Power for Freedom lovers Protagonista Curtametraxe 2016 El hombre de las mil caras Beatriz García Paesa No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas Lu Plan de fuga Helena 2017 Si tu voyais son cœur María La zona Zoe Montero Serie de televisión2019The Spanish PrincessRaíña XoanaSerie de televisiónNuestra calleCurtametraxe 2020 Néboa Vega Serie de televisión202126BertaCurtametraxe2023CardoSerie de televisión2024La sombra del tiburónAlmaXustiza artificialAlicia Kóvack2026Se tiene que morir mucha genteSerie de televisión
Vida persoal Mudou artisticamente os apelidos, de Galocha Vallejo a Galocha Folgueira, para levar os apelidos das dúas avoas. Xa antes o pai, Antón Galocha, mudara os seus de orde (de López Galocha a Galocha López).
É sobriña do piloto de ralis Sergio Vallejo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil de Alba Galocha en models.com. Alba Galocha no Instagram. Alba Galocha - IMG Models. Alba Galocha - Entrevista en Elemmental (en castelán)
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia