Ruby Cohn (chamada Ruby Burman até casar), nada en Columbus (Ohio) o 13 de agosto de 1922 e finada en Oakland (California) o 18 de outubro de 2011, foi unha teórica do teatro, especialista na obra e figura de Samuel Beckett. Foi profesora de Drama Comparativo na Universidade de California, Davis durante trinta anos.
Traxectoria De nova mudouse coa súa familia a Nova York, onde fixo a educación secundaria, e despois graduouse no Hunter College. Durante a segunda guerra mundial uniuse ás WAVES (Women Accepted for Volunteer Emergency Service) e serviu como mensaxeira. En 1946 casou co microbiólogo Melvin Cohn, e mudáronse a Saint Louis. En 1961 divorciáronse de forma amistosa"Professor Ruby Cohn", obituario en San Francisco Chronicle, 30 de outubro de 2011, p. C6 .
Despois da guerra regresou a Europa e completou un grao doutoral na Universidade de París. O 5 de xaneiro de 1953, sendo alumna da Sorbona, asistiu á primeira representación da obra Á espera de Godot do autor irlandés, Samuel Beckett. A obra e o seu autor convertéronse no tema central da súa vida académica. Converteuse en amiga do autor, co que intercambiou correspondencia e visitas polo menos unha vez ao ano até a súa morte en 1989.Bruce Weber, "Ruby Cohn, Writer and Expert on Beckett, Dies at 89", obituario en The New York Times, 31 de outubro de 2011, p. B8 . Fixo un segundo doutoramento na Universidade de Washington en Saint Louis cunha disertación acerca de Beckett, que se converteu no seu primeiro libro.
En 1961 comezou a dar clases na facultade de Linguas da Universidade Estatal de San Francisco, onde permaneceu até a súa dimisión en 1968 durante a folga estudantil. En 1969 uniuse á facultade de Teatro do California Institute of the Arts, e en 1972 pasou á Universidade de California, Davis.
Obras Samuel Beckett: The Comic Gamut (con Samuel Beckett, 1962; Literary Licensing, 2011) Editora, canda a Bernard Dukore e Haskell Block: Twentieth Century Drama: England, Ireland, the United States (Random House, 1966) Editora: Casebook on 'Waiting for Godot''' (Grove Press, 1967) Back to Beckett, 1974 Samuel Beckett: A Collection of Criticism (McGraw-Hill, 1975) Just Play: Beckett's Theater, 1980 Disjecta: Miscellaneous Writings and a Dramatic Fragment (con Samuel Beckett, Grove Press, 1984) New American Dramatists, 1960-1990 (Palgrave Macmillan, 1991) From Desire to Godot (Calder Publications, 1999) A Beckett Canon (2001; University of Michigan Press, 2005) Anglo-American Interplay in Recent Drama (Cambridge University Press, 2006) Retreats from Realism in Recent English Drama'' (Cambridge University Press, 2009)
Notas
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades do teatro