Josefa Álvarez Rodríguez, nada en San Tomé, na parroquia de Freás de Eiras (Ramirás) o 16 de febreiro de 1906 e finada no Carregal (Cartelle) o 17 de setembro de 2017, foi unha supercentenaria galega que durante un tempo foi a segunda persoa máis vella de Galicia. Traxectoria Traballou de labrega e, ao quedar orfa de nai cedo, levou a crianza dos seus nove irmáns e mais do pai, que quedara cego. Finou con 111 anos e 215 días. Os seus últimos anos pasounos nunha residencia de anciáns, a da Nosa Señora do Mundil, en Cartelle.
Vida persoal Non casou. Notas
Categoría:Supercentenarios galegos Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes