O aeroporto de Oulu é un aeroporto que serve a Oulu. Está situado a 10,6 quilómetros ao suroeste do centro da cidade. É o segundo aeroporto máis concorrido de Finlandia despois do de Helsinqui-Vantaa en termos de pasaxe, con 923 246 pasaxeiros no ano 2017. Opera ao redor de 20 voos diarios a Helsinqui e tamén é usado pola Forza Aérea de Finlandia para o adestramento dos seus pilotos. A vella terminal foi recentemente demolida para ter máis espazo na plataforma de estacionamento e unha ampliación da terminal principal foi completada en setembro de 2011. Nela instaláronse catro novas pasarelas de embarque e a súa superficie aumentou en 4 300 metros cadrados, aumentando a súa capacidade a 1,5 millóns de pasaxeiros anuais. O aeroporto está operado pola compañía pública Finavia.

Aeroliñas e destinos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Oulu Categoría:Transporte en Oulu