José Ramón Cancelo da Torre é un economista galego que exerce como catedrático de universidade no departamento de economía de Universidade da Coruña, onde está especializado en estatística e econometría e forma parte do grupo de investigación Jean Monnet sobre competencia e desenvolvemento. É experto na análise de series temporais, sendo autor de publicacións moi influentes neste campo.
Traxectoria José Ramón Cancelo licenciouse en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidade Autónoma de Madrid, cunha tese sobre Políticas de estabilización e efecto crowdingout: unha análise empírica para o caso español. Antes de recalar como catedrático de universidade na Universidade da Coruña en 1995, foi profesor na Universidade Autónoma de Madrid, o que compaxinou brevemente coa empresa privada, antes de obter a cátedra na Universidade de Castela-A Mancha. O 14 de setembro de 2016 ingresou como membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias, cun discurso titulado "A crise da Eurozona: unha historia de desequilibrios e asimetrías". O propio Cancelo cita como a súa maior influencia ao profesor Antoni Espasa, "cuxa forma de entender a Economía, como coñecemento teórico pero tamén como actividade práctica, marcoume profundamente e orientou toda a miña traxectoria académica e profesional".
Publicacións Cancelo, J. R., & Espasa, A. (1993): Métodos cuantitativos para el análisis de la coyuntura económica. Alianza.
Notas
Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela