José María Castro Madriz, nado en San Xosé o 1 de setembro de 1818 e finado ibídem o 4 de abril de 1892, foi presidente de Costa Rica en dúas oportunidades (1847-1849 e 1866-1868). Liberal, era un profundo crente nas virtudes da ilustración e na liberdade de prensa.

Biografía Fillo de Ramón Castro Ramírez e Lorenza Madriz Cervantes, casou con Pacífica Fernández Oreamuno, filla do xefe de Estado Manuel Fernández Chacón e María Oreamuno Muñoz de la Trindad.

Fixo de bacharelato en Filosofía e doutorouse en Leis e en Filosofía na Universidade de León, Nicaragua.

Foi declarado Benemérito da Patria o 2 de outubro de 1847. Destacado membro da masonería e un dos primeiros masóns costarriqueños, iniciándose en Colombia en 1864 e participando en Costa Rica da primeira loxa masónica, a "Logia Caridad".

O presidente de Costa Rica Miguel Ángel Rodríguez Echeverría é descendente seu (tataraneto pola vía materna).

Notas

Categoría:Finados en 1892 Categoría:Nados en 1818 Categoría:Presidentes de Costa Rica Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Costarriqueños de ascendencia galega Categoría:Costarriqueños de ascendencia española