Nós, os inadaptados é un artigo ensaístico, de nove páxinas, do autor ourensán Vicente Risco, publicado no número 115 da revista Nós, o 25 de xullo de 1933 (pp. 115–123). Nel mostrou a súa concepción cíclica e espiritual da historia.
Características No seu ensaio -bandeira da xeración Nós- Risco expón os problemas persoais e comúns da súa época. Cre firmemente nunha casta moral verdadeira, pero non casta social, senón casta espiritual:
Así pois neste ensaio explícanse as causas e os motivos do seu desapego cara ao mundo dos filisteos, das barrigas acomodadas que eles tanto denostaban. Tamén cita os gustos e preferencias literarias: Thomas Carlyle, Edgar Allan Poe, Charles Baudelaire, Gabriele d'Annunzio, Henrik Ibsen, Friedrich Nietzsche, Novalis, Jan van Ruusbroec, Omar Khayyam, Rabindranath Tagore, Ángel Ganivet, Joan Maragall, Rubén Darío, Afonso Lopes Vieira, José Maria Eça de Queirós, Teixeira de Pascoaes etc. E do paso da actitude contemplativa á actividade político-cultural narrando a viaxe interior que esta xeración realiza en busca das súas orixes e identidade en tempos de decadencia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Manuscrito de "Nos, os inadaptados" Fundación Vicente Risco.
Categoría:Grupo Nós Categoría:Ensaio Categoría:Vicente Risco