Severino Domínguez Rey, coñecido como Pepillo, nado en Sanxenxo o 5 de marzo de 1915 e finado en Pontevedra o 11 de xaneiro de 2018, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Militante do PCE. Foi vicepresidente da Unión Agraria e Mariñeira de Portonovo afecta á CNT e secretario xeral do PCE en Sanxenxo, tamén era responsable do Socorro Rojo e dirixente das milicias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e ingresado no cárcere de Cambados; sen procesamento xudicial pasou por varias cadeas e batallóns de traballadores en Galicia e España até 1940. Foi xulgado en Ferrol por deserción resultando con sobresemento definitivo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 21-3-1942, p. 1488-1500. En 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, foi novamente detido con Manuel López Esperón, Carlos Crespo Alfaya, Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco, e torturado pola súa actividade política clandestina. Foi acusado de difundir propaganda clandestina e exemplares de Mundo Obrero e El Guerrillero. Foi sometido a un novo consello de guerra e condenado a dous anos en prisión por un delito equiparado ao de rebelión militar. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.BOE, 5-3-1950, p. 1033-1034.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes