O aeroporto internacional de Kandahar é un aeroporto situado a 17 quilómetros ao sueste da cidade de Kandahar, en Afganistán. É o segundo aeroporto máis grande do país e ten unha das bases militares máis grandes, con capacidade para albergar ata 250 avións de todos os tipos.

O aeroporto foi deseñado e construído polos Estados Unidos a finais dos anos 50. Foi ocupado pola Unión Soviética durante a guerra de Afganistán nos 80. Tras a súa retirada o aeroporto permaneceu en control do goberno de Mohammad Najibullah ata que renunciou en 1992. Así, señores da guerra locais e os talibáns fixéronse co control do aeroporto ata a invasión estadounidense a finais de 2001. Foi tamén o lugar onde ocorreu o incidente do secuestro do voo 814 de Indian Airlines en 1999.

Dende o ano 2007 o aeroporto foi reparado e ampliado. É usado tanto para voos militares como civís. É mantido pola Misión Resolute Support da OTAN e as Forzas Nacionais de Seguridade de Afganistán. A 3ª Á da Forza Aérea de Afganistán ten unha base separada dentro dos terreos do aeroporto, e a Policía Nacional Afgá é a encargada da seguridade dentro da terminal de pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Kandahar