O Gran Premio de Australia de 1994 (oficialmente o LIX Australian Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 13 de novembro de 1994 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 59º Gran Premio de Australia e o décimo disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no décimo GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994.
A carreira de 81 voltas gañouna Nigel Mansell pilotando para o equipo Williams logo de comezar desde a pole position. Gerhard Berger finalizou segundo nun Ferrari con Martin Brundle en terceiro lugar para o equipo McLaren. A carreira recórdase por un incidente que involucrou aos dous contendentes ao título Damon Hill e Michael Schumacher, o que obrigou a ambos a retirarse e resultou en que Schumacher gañase o Campionato Mundial de Pilotos. Tamén foi notable a última aparición nun Gran Premio de Fórmula Un da primeira encarnación do Team Lotus, previamente sete veces campións de construtores. Tamén foi a 31ª e última vitoria no Gran Premio da carreira de Fórmula 1 de Nigel Mansell. Ata a tempada de , esta foi a última carreira de Fórmula Un na que o número de participantes superou o número de lugares na grella de saída.
Informe
Antecedentes Ao chegar á última carreira da tempada, o piloto de Benetton Michael Schumacher lideraba o Campionato de Pilotos con 92 puntos. O piloto de Williams Damon Hill era segundo con 91 puntos, un punto detrás de Schumacher. Williams lideraba o Campionato de Construtores con 108 puntos, mentres que Benetton estaba 5 puntos por detrás con 103. Polo tanto, ambos títulos seguían en xogo e determinaríanse na rolda final.
Carreira Schumacher tomou o liderado ao comezo, con Hill segundo detrás. A orde entre os dous permaneceu igual ata a volta 36. Hill estaba a coller a Schumacher cando o piloto de Benetton saíuse da pista na curva ''East Terrace, golpeando un muro coas rodas do seu lado dereito danando a súa suspensión antes de volver á pista na seguinte curva. Hill negociara a quinta curva da pista cando Schumacher cruzou a pista diante del cara á esquerda. Na seguinte curva, Hill intentou pasar a Schumacher, os dous chocaron cando Schumacher se cruza no medio da trazada. Schumacher quedou eliminado no acto. Hill intentou continuar a carreira e entrou en boxes inmediatamente, pero retirouse da carreira con danos irreparables na suspensión da parte dianteira esquerda do vehículo. Como ningún dos dous condutores acabou a carreira, Schumacher logrou o título. Despois da retirada de Schumacher e Hill Mansell tomou o liderado da carreira. Mansell mantívose á cabeza ata que fixo a súa segunda parada en boxes. Despois daparada de Mansell, Berger tomou o liderado e mantívose á cabeza logo da súa segunda parada en boxes. Na volta 64 Mansell superou a Berger para retomar o liderado da carreira. Mansell mantívose á cabeza durante o resto da carreira para gañar, con Berger terminando segundo e Brundle terminando terceiro.
Post-carreira Schumacher foi culpado polo incidente por moitos expertos en Fórmula Un. Posteriormente, os comisarios xulgárono como un incidente de carreira e non tomaron ningunha acción contra Schumacher. Schumacher, aos 25 anos foi o primeiro Campión Mundial de Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña, pero en circunstancias moi controvertidas, aínda que nunca se tomou ningunha medida na súa contra.
Schumacher sempre sostivo que a colisión foi un incidente de carreira, unha visión que se atopou cun alto grao de cinismo dos medios, particularmente no Reino Unido.
Aínda que Hill deliberadamente evitou involucrarse na protesta nese momento, en anos posteriores acusou explicitamente a Schumacher de pilotar deliberadamente contra el.Motor Sport, xaneiro 2007, p.43 O comentarista de Fórmula Un Murray Walker sostivo que Schumacher non causou o accidente intencionalmente mentres os seus co-comentaristas para a carreira, o expiloto de F1 Jonathan Palmer e o reportiero de pits Barry Sheene afirmaron que o accidente foi culpa de Schumacher por completo. Patrick Head do equipo Williams declarou á revista F1 Racing que en 1994 "Williams xa estaba ao 100% seguro de que Michael era culpable de xogo sucio", pero non protestou polo título de Schumacher porque o equipo aínda estaba lidiando coa morte de Ayrton Senna, isto foi despois da penalización a Schumacher por bloquear o circuíto durante a clasificación para o Gran Premio de Mónaco de 2006. Schumacher foi culpado polo público do Reino Unido polo incidente. En 2003, a BBC realizou unha enquisa sobre "A acción máis antideportivo" no que se nomeou o incidente de Adelaida. Reader's "Have your Say" voting for the most unsporting moment in history. O gol da "man de deus" de Diego Maradona gañou o premio en xuño de 2003.
Clasificación
Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 diferenza 1 2 Nigel Mansell Williams-Renault 1:16.179 1:33.988 2 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:16.197 1:32.627 +0.018 3 0 Damon Hill Williams-Renault 1:16.830 1:33.792 +0.651 4 7 Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 1:16.992 1:35.432 +0.813 5 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:17.537 1:37.610 +1.358 6 15 Eddie Irvine Jordan-Hart 1:17.667 Sen tempo +1.488 7 6 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:17.727 1:35.712 +1.548 8 27 Jean Alesi Ferrari 1:17.801 1:33.905 +1.622 9 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 1:17.950 1:36.246 +1.771 10 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 1:17.962 1:35.623 +1.783 11 28 Gerhard Berger Ferrari 1:18.070 1:33.818 +1.891 12 26 Olivier Panis Ligier-Renault 1:18.072 1:36.222 +1.893 13 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 1:18.237 1:35.462 +2.058 14 12 Alessandro Zanardi Lotus-Mugen-Honda 1:18.331 1:39.179 +2.152 15 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:18.411 1:36.628 +2.232 16 24 Michele Alboreto Minardi-Ford 1:18.755 1:36.498 +2.576 17 29 JJ Lehto Sauber-Mercedes 1:18.806 1:36.245 +2.627 18 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:18.957 1:36.257 +2.778 19 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 1:19.061 1:35.790 +2.882 20 25 Franck Lagorce Ligier-Renault 1:19.153 1:37.393 +2.974 21 10 Gianni Morbidelli Footwork-Ford 1:19.610 1:35.136 +3.431 22 11 Mika Salo Lotus-Mugen-Honda 1:19.844 1:43.071 +3.665 23 19 Hideki Noda Larrousse-Ford 1:20.145 1:47.569 +3.966 24 31 David Brabham Simtek-Ford 1:20.442 Sen tempo +4.263 25 20 Jean-Denis Délétraz Larrousse-Ford 1:22.422 1:44.155 +6.243 26 32 Domenico Schiattarella Simtek-Ford 1:22.529 Sen tempo +6.350 27 33 Paul Belmondo Pacific-Ilmor 1:24.087 Sen tempo +7.908 28 34 Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 7:40.317 Sen tempo +6:24.138
Carreira Pos Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Nigel Mansell Williams-Renault 81 1:47:51.480 1 10 2 28 Gerhard Berger Ferrari 81 +2.511 11 6 3 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 81 +52.487 9 4 4 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 81 +1:10.530 5 3 5 26 Olivier Panis Ligier-Renault 80 +1 volta 12 2 6 27 Jean Alesi Ferrari 80 +1 volta 8 1 7 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 80 +1 volta 10 8 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 80 +1 volta 19 9 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 79 +2 voltas 18 10 29 JJ Lehto Sauber-Mercedes 79 +2 voltas 17 11 25 Franck Lagorce Ligier-Renault 79 +2 voltas 20 12 7 Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 76 Freos 4 Ret 24 Michele Alboreto Minardi-Ford 69 Suspensión 16 Ret 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 66 Colisión 13 Ret 20 Jean-Denis Délétraz Larrousse-Ford 56 Caixa de cambios 25 Ret 11 Mika Salo Lotus-Mugen-Honda 49 Eléctrico 22 Ret 31 David Brabham Simtek-Ford 49 Motor 24 Ret 12 Alessandro Zanardi Lotus-Mugen-Honda 40 Acelerador 14 Ret 0 Damon Hill Williams-Renault 35 Colisión 3 Ret 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 35 Colisión 2 Ret 32 Domenico Schiattarella Simtek-Ford 21 Caixa de cambios 26 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 19 Trompo 15 Ret 19 Hideki Noda Larrousse-Ford 18 Fuga aceite 23 Ret 10 Gianni Morbidelli Footwork-Ford 17 fuga aceite 21 Ret 15 Eddie Irvine Jordan-Hart 15 Trompo 6 Ret 6 Johnny Herbert Benetton-Ford 13 Caixa de cambios 7 NSC 34 Bertrand Gachot Pacific-Ilmor NSC 33 Paul Belmondo Pacific-Ilmor
Posicións logo da carreira Texto en negra indica Campión do Mundo.
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Michael Schumacher 92 2 Damon Hill 91 3 Gerhard Berger 41 4 Mika Häkkinen 26 5 Jean Alesi 24
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault118 2 Benetton-Ford103 3 Ferrari71 4 McLaren-Peugeot42 5 Jordan-Hart28
Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Australia Categoría:Gran Premio de Australia de Fórmula 1