Alejandra María Silva García-Baquero, nada o 16 de febreiro de 1983 na Coruña, é unha empresaria, publicista e activista galega.

Traxectoria É a filla de Ignacio Silva e Paola García-Baquero. O seu pai é un empresario e antigo vicepresidente do Real Madrid Club de Fútbol. Cando tiña 4 anos, a súa familia mudouse a Madrid e Silva estudou no colexio Mater Salvatoris. Á idade de 15 anos, marchou a Dorset, no Reino Unido e posteriormente volveu a Madrid onde estudou publicidade e mercadotecnia. Após graduarse, comezou a traballar como bolseira nunha axencia de publicidade e en 2005 nunha empresa privada na industria da aviación.

En 2007, Silva promoveu unha iniciativa sen ánimo de lucro xunto coa modelo Karolína Kurková chamada "Beautiful Life Fund", para concienciar sobre a situación dos nenos refuxiados, sen fogar e vítimas da guerra arredor do mundo.

En 2010 participou na fundación do Real Madrid creando ligas de fútbol como medio de integración de nenos desfavorecidos e promovendo o deporte e os seus valores nas comunidades africanas.

A través do seu interese nas organizacións sen ánimo de lucro, Silva coñeceu o actor estadounidense Richard Gere. A súa relación gañou notoriedade na prensa escrita en xuño de 2015. En 2016, Alejandra Silva apoiou a fundación Rais para as persoas sen fogar.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia