Mariel Margaret Hamm-Garciaparra, nada en Selma (Alabama) o 17 de marzo de 1972 é unha ex-futbolista, dobre campioa olímpica e dobre campioa da Copa do Mundo. Recoñecida como unha icona do fútbol, xogou de dianteira na Selección de fútbol dos Estados Unidos entre 1987 e 2004. Hamm foi a face da Women's United Soccer Association (WUSA), primeira liga profesional de fútbol feminino nos Estados Unidos, onde xogou para Washington Freedom entre 2001 e 2003. Xogou no fútbol universitario para o North Carolina Tar Heels, ao que axudou a gañar catro títulos consecutivos.

Durante a súa etapa no equipo nacional, participou en catro Copas do Mundo: China 1991, Suecia 1995 e nos Estados Unidos en 1999 e 2003. Liderou tamén o equipo en tres xogos olímpicos: Atlanta 1996, Sydney 2000 e Atenas 2004. Durante a súa carreira internacional xogou 42 partidos e marcou 14 goles en 7 torneos internacionais.

Hamm tivo a marca de máis goles internacionais marcados (tanto por homes como por mulleres) ata 2013. Foi declarada FIFA World Player of the Year en 2001 e 2002, e foi incluída xunto coa súa compañeira de equipo Michelle Akers na listaxe feita por Pelé dos 125 mellores xogadores vivos da FIFA.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Mia Hamm, vídeo producido por Makers: Women Who Make America

Categoría:Futbolistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Dallas, Alabama Categoría:Nados en 1972 Categoría:Selección de fútbol dos Estados Unidos de América Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América