Armando López Salinas, nado en Madrid o 31 de outubro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 2014 foi un escritor e político español, dirixente do Partido Comunista de España (PCE).Manuel Aznar Soler (2010). República literaria y revolución (1920-1939), Editorial Renacimiento, pág. 549n
Traxectoria Militante do Partido Comunista de España, durante a clandestinidade do partido na ditadura franquista foi membro do seu Comité Central e do Secretariado, o máximo órgano de dirección do PCE.Elpais.com (19 de setembro de 2012): "Santiago Carrillo era más práctico que teórico, más táctico que estratega" Foi subdirector do diario Mundo Obrero, o periódico do PCE, e correspondente en Madrid de Radio España Independiente (máis coñecida como "Radio Pirenaica"), a emisora clandestina que máis tempo estivo en antena (40 anos).Diario Público (7 de outubro de 2012): "Armando López: "Lo que no se gana en la calle no se gana nunca en la mesa de negociación"" En marzo de 1968 pronunciou unha conferencia sobre os dereitos humanos ante os estudantes pechados na Facultade de Filosofía e Letras de USC, canda Xesús Alonso Montero, Enrique Barón e Enrique Miret Magdalena.O Marzo do 68 compostelán Durante o franquismo colaborou habitualmente na revista cultural Cuadernos para el Diálogo.Javier Muñoz Soro (2006). Cuadernos para el diálogo, 1963-1976, Marcial Pons, pág. 80
Obras La mina, finalista do Premio Nadal (1959). Caminando por las Hurdes (1960), con Antonio Ferres.Martha Eulalia Altisent (2008). A Companion to the Twentieth-century Spanish Novel, Ed. Tamesis, pág. 73 Año tras año (1962). Premio Machado de Novela. Por el río abajo (1966) con A. Grosso. Viaje al país gallego (1967) con Javier Alfaya. Crónica de un viaje y otros relatos (2007).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2014