Julio Balboa López, nado en Muxía en setembro de 1905 e finado en Santiago de Compostela o 7 de febreiro de 1993,La Voz de Galicia, 8-2-1993, p. 70. foi un avogado, xuíz e maxistrado galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Manuel Balboa Lagoa e de Fe López Avente (curmá de Eduardo Pondal Abente). Membro numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 17 de xaneiro de 1924 co traballo "Muxía e o Santuario da Barca".El Ideal Gallego, 3-2-1925, p. 4. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura, en 1927.El Ideal Gallego, 1-10-1927, p. 3. Accedeu, por oposición, a carreira xudicial en 1931,El Ideal Gallego, 17-3-1931, p. 1. e foi xuíz de primeira instancia de Aliaga, O Carballiño (1931-1936) e Noia (1936-1947). Ascendeu a maxistrado en 1947 e foi destinado á Audiencia de PontevedraLa Noche, 24-4-1947, p. 2.. Xubilouse como maxistrado da Audiencia Provincial de Donostia.
Vida persoal Casou con Maruja Durán Puertas en 1931,El Compostelano, 8-5-1931, p. 1. e tivo tres fillos: María de la Concepción, María del Carmen e Julio Balboa Durán.
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes