A lingua powhatan ou lingua algonquina de Virxinia (cuxo autónimo é kikitowämak) é unha lingua morta pertencente á pola oriental da familia algonquina. Foi falada polos powhatan de Virxinia. Extinguiuse arredor de 1790 despois de que os seus falantes foran forzados baixo coacción a falar inglés.

As únicas probas documentais desta lingua son dúas listas de palabras rexistradas no tempo do primeiro contacto cos europeos. William Strachey rexistrou arredor de 500 palabras e o capitán John Smith rexistrou outras 50. Smith tamén rexistrou a existencia dun pidgin do powhatan, pero non se coñece nada sobre el.

Ó igual que outras linguas algonquinas, o powhatan non tiña un sistema de escrita, polo que todo o que se sabe da lingua son estes rexistros do século XVII e a investigación que se pode facer con comparacións doutras linguas algonquinas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Feest, Christian. 1978. "Virginia Algonquin." Bruce Trigger, ed., Handbook of North American Indians. Volume 15. Northeast, pp. 253–271. Washington: Smithsonian Institution. Frank T. Siebert Jr., Resurrecting Virginia Algonquian from the dead: The Reconstituted and Historical Phonology of powhatan in Studies in Southeastern Indian Languages, Athens, The University of Georgia press, 1975 Lovgren, Stefan. 2006. "'New World' Film Revives Extinct Native American Tongue", National Geographic News, 20 de xaneiro de 2006. Mithun, Marianne. 1999. The Languages of Native North America. Cambridge Language Family Surveys. Cambridge: Cambridge University Press. Siebert, Frank. 1975. "Resurrecting Virginia Algonquian from the dead: The reconstituted and historical phonology of Powhatan," Studies in Southeastern Indian Languages. Ed. James Crawford. Athens: University of Georgia Press, pp. 285–453. Wilford, John Noble. "Linguists Find the Words, and Pocahontas Speaks Again ." New York Times 6 Mar. 2006: n. pag. Print.

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Pobo powhatan