Æthelhelm, Ethelhelm ou Æþelhelm (Æðelhelm en anglosaxón) (fl. anos 880) foi o maior dos dous fillos coñecidos de Aethelred IPosibelmente tiña un irmán máis vello, chamado Oswald ou Osweald. Cf. , rei de Wessex entre 865 e 871. A súa nai posibelmente era Wulfrida.
Traxectoria Os fillos de Aethelred eran demasiado novos para se converteren en rei cando o seu pai morreu en 871 polo que o trono pasou ao seu tío, Alfredo. O único rexistro seguro de Aethelhelm faino un dos beneficiarios no testamento de Alfredo a mediados da década de 880, e especúlase que morreu pouco despois.
Algúns historiadores identifícano cun personaxe homónimo, que serviu como «ealdorman» de Wiltshire e posíbel pai de Aelfflaed, segunda esposa do rei Eduardo o Vello. Con todo, Barbara Yorke rexeita esta idea argumentando que non parece ser unha práctica dos «Aetheling» (príncipes da dinastía real que eran elixíbeis para se converteren en rei) converterse en «ealdorman»Porén, o «Aetheling» Aethelbald antes de ser coroado rei, foi nomeado «ealdorman» en 850. Cf. , e unha doazón de Alfredo ao «ealdorman» Aethelhelm non fai ningunha referencia a un parentesco entre eles, e que a oposición ao matrimonio entre o rei Eadwig e Aelfgifu, a súa curmá de terceiro grao indica que un matrimonio entre Eduardo e unha curmá de primeiro grao sería prohibida por incestuosaYorke 2001 pp=34-35. Keynes e Lapidge tamén tratan os dous Aethelhelm como persoas diferentes, malia seren máis cautos no rechazo da identificación, dicindo que "probabelmente" non son o mesmo.
Á morte de Alfredo «o Grande», o seu irmán máis novo Aethelwold disputa a sucesión con todo, morre en batalla.
O historiador Aethelward (m. c. 998) dicía ser descendente do rei Aethelred e por tanto posibelmente era un descendente de Aethelhelm. Algúns xenealoxistas suxeriron que os Godwin eran descendentes de Aethelred a través de Aethelhel, pero case todos os historiadores descartan esta idea.
Notas
Categoría:Nobres de Inglaterra Categoría:Casa de Wessex