miniatura|Isinbáyeva durante o Campuinato Mundial de Atletismo 2009 en Berlín. Yelena Gadzhiyevna Isinbayeva (en ), nada en Volgogrado o 3 de xuño de 1982 é unha ex-atleta rusa, especializada en salto con pértega, campioa olímpica, do mundo e europea desta proba. Bateu a marca mundial de salto con pértega feminino nun total de 28 ocasións, 15 ao aire libre e 13 en pista cuberta.
Traxectoria Tras chegar ao máis alto na súa especialidade e bater a marca do mundo en varias ocasións, saltando máis de 5 metros no ano 2005 e dominando a proba sen dar opción ás súas rivais, o seu progreso sufriu un estancamento. Isinbayeva seguía gañando con suficiencia, mais pasou unha crise de resultados. Nese tempo cambiou de adestrador para poñerse ás ordes de Vasili Petrov, que levou ao éxito a Sergei Bubka. Isinbayeva volveu superar de novo o récord do mundo en tres ocasións no ano 2008, deixando a marca mundial en 5,05 metros nos Xogos Olímpicos de Pequín. Máis dun ano despois, o 28 de agosto de 2009, Isinbayeva superou de novo a súa marca na reunión de Zúric, situando o listón a 5,06 metros do chan. O seu adestrador afirmou que podía chegar a saltar 5,15 ou 5,20 metros.
No Mundial de Berlín quedou eliminada ao iniciar a competición en 4,75, altura en que derribou o listón. Logo optou por pasar aos 4,80 e fixo dous nulos, polo que caeu e provocou a primeira gran sorpresa da competición. O último récord foi o 23 de febreiro de 2012 en Estocolmo ao establecer unha nova marca en pista cuberta cun salto de 5,01 metros. Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, tivo que conformarse coa medalla de bronce cunha marca de 4,70 metros detrás da estadounidense Jennifer Suhr e a cubana Yarisley Silva.
O 3 de marzo de 2013 cedeu o récord en pista cuberta logrado en Estocolmo a Suhr, que a superou cun salto de 5,02 metros nos campionatos dos Estados Unidos, que se disputaron en Albuquerque. O 13 de agosto de 2013, nos mundiais de atletismo celebrados en Moscova, Isinbayeva retirouse da competición tras gañar o ouro logrando o seu mellor salto da temporada con 4,89 metros.
Galardones A IAAF elixiuna como a mellor atleta do ano en 2004, 2005 e 2008.
En 2007 e 2009 recibiu o Premio Laureus á mellor deportista feminina do ano.
O 2 de setembro de 2009 outorgóuselle o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Ficha de Yelena Isinbayeva na IAAF Premio Príncipe de Asturias de Deportes 2009
Categoría:Atletas olímpicos de Rusia Categoría:Nados en Volgogrado Categoría:Nados en 1982 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Rusia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Saltadores con pértega