O HLA-B (complexo maior de histocompatibilidade, clase I, B) é un xene humano que codifica unha proteína que xoga un papel fundamental no sistema inmunitario. O HLA-B forma parte dunha familia de xenes chamados complexo do antíxeno leucocitario humano (HLA, do inglés human leukocyte antigen). O complexo HLA axuda ao sistema inmunitario a distinguir as proteínas propias do corpo das alleas de organismos invasores como virus e bacterias.

O HLA é a versión humana do complexo maior de histocompatibilidade (MHC), unha familia xénica que aparece en moitas especies. Os xenes deste complexo están separados en tres grupos básicos: clase I, clase II e clase III. En humanos, o xene HLA-B e dous xenes relacionados, HLA-A e HLA-C, son os principais xenes do MHC de clase I.

Os xenes do MHC de clase I proporcionan as instrucións para fabricar as proteínas que están presentes na superficie de case todas as células. Na superficie celular, estas proteínas están unidas a fragmentos proteicos (péptidos) que foron exportados desde dentro da célula (previa a súa captación e procesamento). As proteínas do MHC de clase I presentan estes péptidos ao sistema inmunitario. Se o sistema inmunitario recoñece os péptidos como alleos (por exemplo, péptidos de virus ou bacterias), responde destruíndo a célula infectada.

O xene HLA-B ten moitas variantes normais, o que permite que o sistema inmunitario de cada persoa reaccione a un amplo rango de invasores alleos. Coñécense centos de versións (alelos) do HLA-B, e cada unha desígnase dándolle un determinado número (por exemplo, HLA-B27). Os alelos moi relacionados clasifícanse xuntos; por exemplo, hai polo menos 28 alelos moi similares que son subtipos do HLA-B27. Estes subtipos desígnanse da seguinte maneira: do HLA-B*2701 ao HLA-B*2728, por exemplo.

O xene HLA-B está localizado no brazo curto (p) do cromosoma 6 na citobanda 21.3, desde o par de bases 31 3531 871 ao 31 3571 211 http://ghr.nlm.nih.gov/gene/HLA-B

Condicións relacionadas

+ Serotipos dos produtos do xene HLA-B Antíxeno - Antíxenoamplo Antíxenos divididos B7 B5 B51 B52 B8 B12 B44 B45 B13 B14 B64 B65 B18 B15 B62 B63 B70 B27 B72 B75 B77 B35 B16 B38 B39 B37 B17 B57 B58 B41 B21 B49 B50 B42 B22 B54 B55 B56 B46 B40 B60 B61 B47 B48 B53 B59 B67 B73 B78 B81 B*82 B*83 O prefixo "HLA-" foi recortado do nome dos serotipos.

Espondilite anquilosante. Unha versión do xene HLA-B chamada HLA-B27 incrementa o risco de desenvolver espondilite anquilosante. Non se sabe seguro como o HLA-B27 causa este incremento do risco. Os investigadores especulan que o HLA-B27 pode presentar anormalmente os péptidos ao sistema inmunitario, o que desencadea a artrite. Outras investigacións suxiren que a inflamación das articulacións característica deste trastorno pode orixinar o pregamento incorrecto da proteína HLA-B27 ou a presenza de formas anormais da proteína na superficie celular. Aínda que a maioría dos pacientes de espondilite anquilosante teñen a variante HLA-B27, moitas persoas con esta variante particular nunca desenvolven o trastorno. Outros factores xenéticos e ambientais é probable que afecten ás posibilidades de desenvolver espondilite anquilosante e influír na súa progresión.Nicholas J Sheehan. The ramifications of HLA-B27. J R Soc Med. 2004 Jan; 97(1): 10–14. PMCID PMC1079257.

O HLA-B27 está asociada coas espondiloartropatías, un grupo de trastornos que inclúen a espondilite anquilosante e outras doenzas articulares inflamatorias. Algunhas destas enfermidades están asociadas cunha condición da pel común chamada psoríase ou trastornos intestinais inflamatorios crónicos (enfermidade de Crohn e colite ulcerosa). Unha das espondiloartropatías, a artrite reactiva, é tipicamente desencadeada por infeccións bacterianas do tracto xenital e gastrointestinal. Despois dunha infección, os individuos afectados poden desenvolver a artrite, dor de costas, e inflamación ocular. Igual que na espondilite anquilosante, probablemente moitos factores contribúen ao desenvolvemento da artrite reactiva e outras espondiloartropatías.Taurog JD. The role of HLA-B27 in spondyloarthritis. J Rheumatol. 2010 Dec;37(12):2606-16. doi 10.3899/jrheum.100889. PMID 21123333

Outros trastornos. Varias variacións do xene HLA-B están asociadas con reaccións adversas a certos fármacos. Por exemplo, dúas versións específicas deste xene están relacionadas co incremento da sensibilidade aos fármacos entre a poboación chinesa han. Os individuos que teñen o HLA-B*1502 é máis probable que experimenten un grave trastorno da pel chamado síndrome de Stevens–Johnson en resposta á carbamazepina (un fármaco usado para tratar as convulsións). Outras versións, como o HLA-B*5801, está asociada cun incremento do risco de graves reaccións da pel en persoas tratadas con alopurinol (un fármaco usado para tratar a gota, que é unha forma de artrite causada pola acumulación de ácido úrico nas articulacións).P Brent Ferrell, Jr and Howard L McLeod. Carbamazepine, HLA-B*1502 and risk of Stevens–Johnson syndrome and toxic epidermal necrolysis: US FDA recommendations. Pharmacogenomics. 2008 Oct; 9(10): 1543–1546. doi 10.2217/14622416.9.10.1543. PMCID PMC2586963. NIHMSID: NIHMS73836.

Entre as persoas que sofren a infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH), unha versión do HLA-B denominada HLA-B*5701 está asociada cunha sensibilidade extrema ao abacavir. Este fármaco é un tratamento para o VIH-1 que enlentece o espallamento do virus no corpo. As persoas con hipersensibilidade ao abacavir a miúdo desenvolven febre, calafríos, erupcións, trastornos estomacais, e outros síntomas cando son tratados con este fármaco.Ali Torkamani, PhD; Chief Editor: Karl S Roth, MD . Abacavir and HLA-B*5701. Medscape.

Varias outras variantes do xene HLA-B parecen xogar un papel na progresión da infección polo VIH á síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA). A SIDA é unha doenza que dana o sistema inmunitario, o que lle impide defender con efectividade o corpo contra as infeccións. Os signos e síntomas da SIDA poden non aparecer ata 10 anos ou máis despois da infección polo VIH. Os estudos suxiren que as persoas con infección por VIH que teñen o HLA-B27 ou o HLA-B57 tenden a progresar máis lentamente que na SIDA usual. Por outra parte, os investigadores cren que os individuos VIH positivos que teñen o HLA-B35 tenden a desenvolver os signos e síntomas da SIDA máis rapidamente que o normal. Outros factores tamén inflúen a progresión da infección por VIH á SIDA.

Outra versión do xene HLA-B, o HLA-B53, axuda a protexernos contra a malaria grave. O HLA-B53 é máis común nas poboacións de África occidental, onde a malaria é unha causa frecuente da morte de nenos. Os investigadores suxiren que esta versión do xene HLA-B pode axudar ao sistema inmunitario a responder máis efectivamente ao parasito que causa a malaria.Hill AV, Elvin J, Willis AC, Aidoo M, Allsopp CE, Gotch FM, Gao XM, Takiguchi M, Greenwood BM, Townsend AR, et al. Molecular analysis of the association of HLA-B53 and resistance to severe malaria. Nature. 1992 Dec 3;360(6403):434-9. PMID 1280333. DOI 10.1038/360434a0

HLA-B e compatibilidade de enxertos

Os tres tipos de HLA son o HLA-A, o HLA-B, (ambos MHC de calse I) e o HLA-DR (un MHC de clase II). O HLA-B é un dos tres maiores HLA, e debe coincidir entre doantes e receptores de enxertos e transplantes. Se dous tecidos teñen os mesmos xenes que codifican para estes tres HLAs, a probabilidade e gravidade do rexeitamento do enxerto queda minimizada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos HCP5

Bibliografía

Full text

Full text

Full text (PDF)

Full text

Full text(PDF)

Este artigo incorpora textoen dominio público de The U.S. National Library of Medicine

Ligazóns externas

Nomenclatura dos factores do sistema HLA

Categoría:Haplogrupos MHC humanos Categoría:Complexo maior de histocompatibilidade