STS-113 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 24 de novembro de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-113, con catro astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jim Wetherbee, o piloto Paul Lockhart e os especialistas de misión Michael López-Alegría e John Herrington.
Durante a misión estendouse o mastro central da estación coa viga P1, de 13,7 m e 12,5 toneladas e con parte do sistema de control térmico. Para a súa instalación necesitáronse tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se transferiron víveres e subministracións do transbordador á estación. Antes de deixar a estación, o 2 de decembro, o transbordador soltou un par de picosatélites unidos por un cable.
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 7 de decembro de 2002 despois de tres días de atraso por mal tempo na zona.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS