Jean Liedloff, nada en Nova York o 26 de novembro de 1926 e finada en Sausalito (California) o 15 de marzo de 2011"Continuum Concept author Jean Liedloff dead at 84", necrolóxica en Examiner ., foi unha autora estadounidense, máis coñecida polo seu libro The Continuum Concept: In Search of Happiness Lost ("O concepto do continuum: na procura da felicidade perdida").

Traxectoria Como adolescente terminou o Seminario de Drew para mulleres novas (Drew Seminary for Young Women) e comezou os seus estudos na Universidade Cornell. Antes de terminar os seus estudos, participou en expedicións na selva de Venezuela. Durante unha expedición en busca de diamantes, púxose en contacto co pobo indíxena yekuana. Co paso de tempo, apaixonouse polos yekuana, tomando a decisión de regresar a Venezuela para vivir con eles. Liedloff escribiu o seu libro The Continuum Concept como un intento de documentar o modo de vivir dos yekuana, en particular o seu estilo de crianza. Desde 1968 até 1970 traballou como redactora de revista The Ecologist.

Obra The Continuum Concept: In Search of Happiness Lost (1974) ISBN 0-201-05071-4

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Comprender el concepto de continuum, na revista Crianza Natural Entrevista a Jean Liedloff, antropóloga y autora del “concepto de Continuum”, na web da Asociación SINA, maio de 2009 www.continuum-concept.org Grupo de Yahoo! de Concepto del Continuum

Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1926 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa