STS-115 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 9 de setembro de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-115, con seis astronautas a bordo, foi a primeira misión dun transbordador que retomou a construción da Estación Espacial Internacional despois da perda do Columbia na misión STS-107 en 2003 e da misión de probas STS-114 en 2005. A tripulación estaba formada polo comandante Brent W. Jett, o piloto Christopher J. Ferguson e os especialistas de misión Heidemarie M. Stefanyshyn-Piper, Joseph R. Tanner, Daniel C. Burbank e Steven G. MacLean.
Durante a engalaxe producíronse impactos de espuma desprendida do tanque principal contra o escudo térmico e as ás do transbordador, pero os novos procedementos de revisión do vehículo mediante cámaras unha vez en órbita non mostraron danos. O Atlantis levou á estación a viga P3/P4 de 17 toneladas con dous paneis solares para proporcionar enerxía que foi instalada durante tres paseos espaciais e o módulo loxístico Leonardo con subministracións a bordo. A nave acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 14:52 GMT do 6 de xullo e trasladou o módulo Leonardo ao día seguinte para a súa descarga pola tripulación. Durante a misión tamén se probaron técnicas de reparación de losetas térmicas. O 14 de xullo Leonardo foi devolto á bodega de carga do transbordador e o día 17 o Atlantis desacoplouse para iniciar a viaxe de retorno.
O transbordador volveu a terra sen incidentes en Cabo Cañaveral o 21 de setembro de 2006.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS