Eddie Keizan nado en Xohanesburgo o 12 de setembro de 1944 e finado na mesma cidade o 21 de maio de 2016, foi un piloto de carreiras surafricano. Correu en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 durante a década de 1970, debutando o 3 de marzo de 1973. Non anotou puntos no campionato.
Traxectoria Logo de triunfar en Suráfrica pilotando salóns e autos deportivos, Keizan pasou a Fórmula 5000 onde gañou o campionato nacional. Tamén participou nos campionatos surafricanos de Fórmula 1, incluídos os tres Grandes Premios Surafricanos validos parao campionato do mundo, dúas veces cun Tyrrell propiedade de Alex Blignaut, este automóbil fora usado previamente por Jackie Stewart. No terceiro dos seus tres intentos, Keizan pilotou un Lotus 72, presentado polo equipo local Team Gunston.
Logo da Fórmula Un, Keizan competiu en turismos e tamén se concentrou nos seus intereses comerciais, incluída unha exitosa compañía de pinas de aliaxe, TSW Alloy Wheels oficialmente coñecida como Tiger Sports Wheels.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Blignaut-Lucky Strike Tyrrell 004 Cosworth V8 ARX BRA RSANC ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA NC 0 Blignaut-Embassy Tyrrell 004 Cosworth V8 ARX BRA RSA14 ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0 Team Gunston Lotus 72 Cosworth V8 ARX BRA RSA13 ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Profile at grandprix.com
Categoría:Nados en Xohanesburgo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suráfrica Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tyrrell Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Team Gunston